OUTRA TOMADURA DE PELO CO PRAZO DE INSCRICIÓN NO CONCURSO DE TRASLADOS: SERÁ DO 🗓️ 11 ó 19 de NOVEMBRO!!!

A pesar de haberse publicado co retraso que todos coñecemos a convocatoria do xa famoso «Concursillo» ou Concurso de traslados 2024-2, que afecta ós pobos afectados pola fase 1 de implantación dos Tribunais de instancia, e que se publicou no BOE e DOG do 🗓️ venres 7 de novembro e nas respectivas ordes publicadas se establece como prazo de solicitudes «o prazo de sete días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Boletín Oficial del Estado», 👉👉 a inscrición no concurso non está aberta.

 O ministerio de Xustiza colgou na web que como periodo de inscrición textualmente o seguinte: 👉👉 «Período de inscripción: Desde el 11 al 19 de noviembre de 2025, ambos inclusive.» e polo tanto o que di o Boe e o Doga quedou en papel mollado.

 En consecuencia O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CONCURSO FINALMENTE SERÁ DENDE O MARTES 11 ATA O MÉRCORES 19 AMBOS INCLUSIVE.

▪️ Amplía información sobre o Concurso de Traslados: ⤵️⤵️
🔗 https://spjusogalicia.com/ultima-hora-publicada-convocatoria-concurso-de-traslados-2024-2-pobos/

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.