
ℹ️➡️ Ante as dúbidas xeradas por algunhas malinformacións sindicais, e tal como vos temos explicado dende SPJ-USO dende o primeiro momento, a DXX remite a seguinte información textual ós sindicatos para aclarar a confirmación do persoal que Tramita, executa ou tramita e executa:
🔴 «Antes as consultas recibidas sobre a confirmación do persoal que tramita e/ou executa infórmase:
☑️ O persoal que só realiza funcións de tramitación, será confirmado no Servizo Común de Tramitación correspondente. En caso de que non poida ser confirmado, irá a reordenación.
☑️ O persoal que só realiza funcións de execución, será confirmado no Servizo Común de Execución correspondente. En caso de que non poida ser confirmado, irá a reordenación.
☑️ O persoal que tramita e executa así como aquel persoal para o cal non se pudieron determinar as súas funcións, elixe en primeiro lugar se prefire confirmarse no SCT ou no SCEX. Entrará en igual de condicións que o persoal que só executa ou só tramita para confirmarse no servizo que elixa. No caso de que non poida ser confirmado no servizo da súa elección e queden postos dispoñibles no outro servizo, poderá ser confirmado neste. De non poder ser confirmado en ningún servizo, irá a reordenación.»
▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.


















