NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES OFERTADAS 24-11-21

PUBLICADOS NOVOS AVISOS DE DESOCUPACIÓN DE POSTOS NA INTRANET DE XUSTIZA con data 24-11-2021.

As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

Postos de traballo ofertados:  Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

PRAZO DE SOLICITUDES: 25, 26 e 29 de NOVEMBRO DE 2021.

As solicitudes deberán ser presentadas por correo electrónico, ao enderezo servicio.persoal.xustiza@xunta.gal, ou ao fax 981 546 222. Non se admitirán as solicitudes que se reciban por outro medio. A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou correo electrónico enviado.

Adxuntamos arquivo pdf coas SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS e modelo Anexo II bis de solicitude de substitución ⤵️⤵️

Resolución de oferta de prazas:

Novas SUBSTITUCIÓNS 24-11-2021

Modelo de solicitude: Anexo bis II Solicitude de SUBSTITUCIÓNS (1)

Los comentarios están cerrados.