CAOS E DISCRIMINACIÓN NA IMPLANTACIÓN DE ATENEA!! NOTA DE PRENSA!!!
Publicado el02/11/2026|Comentarios desactivados en CAOS E DISCRIMINACIÓN NA IMPLANTACIÓN DE ATENEA!! NOTA DE PRENSA!!!
NOTA DE PRENSA – ATENEA
Desde SPJ-USO Pontevedra denunciamos o CAOS e a desastrosa implantación da nova aplicación informática «Atenea» (que substitúe a Minerva) no Tribunal de Instancia de Pontevedra, que arrinca hoxe mesmo.
ℹ️ Os motivos da nosa denuncia son moi graves: ❌ Cero formación presencial: Os 300 funcionarios da cidade terán que usar un sistema vital sen recibir NINGUNHA preparación in situ.
⛔ Agravio comparativo: No resto dos partidos xudiciais da provincia prevese formar a un «ridículo» 10% do persoal. É insuficiente, pero evidencia o abandono total á capital.
🚫 Autoritarismo: A Dirección Xeral de Xustiza impón este cambio sen negociar cos sindicatos nin ofrecer unha planificación clara para o resto da provincia.
📢 A NOSA ESIXENCIA Á XUNTA DE GALICIA: A paralización inmediata do sistema ata garantir formación presencial, previa e universal para TODOS os traballadores afectados, sen distincións entre localidades e asegurando así unha transición informática con garantías na Administración de Xustiza‼️