No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a Resolución do 7 de maio de 2008 pola que se regulan as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
«Artigo 8. Retribución
Os funcionarios que realicen unha substitución nun corpo inmediato superior percibirán, ademais das retribucións complementarias do posto que desenvolvan en substitución, a diferenza entre as retribucións básicas do seu corpo de pertenza e as correspondentes ao corpo a que estea adscrito o posto que efectivamente desenvolva».
A dita modificación normativa, conforme ó acordó firmado, é de aplicación dende o día 1 de maio de 2018, e nas nóminas de xuño xa tivo efectos nas nosas nóminas con efectos retroativos dende maio.
| CANTIDADES A COBRAR A MAIORES NAS SUBSTITUCIÓNS VERTICAIS ENTRE FUNCIONARIOS TITULARES DA ADMÓN DE XUSTIZA NO 2018.
(MESMO TRABALLO, IGUAL SALARIO) |
|
|
DE TRAMITACIÓN A XESTIÓN |
250,11 EUROS |
|
DE AUXILIO A TRAMITACIÓN |
151,93 EUROS |


















