
ACCEDE Á CIRCULAR/RESUMO DA MESA SECTORIAL 23/05/2024
CIRCULAR MESA SECTORIAL 23-5.24
1.-CREACIÓN DE NOVOS ÓRGANOS XUDICIAIS
O DXX manifesta que chegaron a un acordo na derradeira comisión mixta para a creación de novos órganos xudiciais. Considera que o Goberno acordará a creación de tres unidades xudiciais en Galicia, que non ten porque respetar a relación xerarquizada remitida pola Comisión Mixta e que serían as seguintes:
- Xulgado de Violencia Sobre a Muller para santiago.
- Xulgado de Primeira Instancia para Ourense
- Plaza de Maxistrado para a Sección nº 4 civil de la Audiencia Provincial de A Coruña
- Xulgado de 1ª Instancia e Instrución para Viveiro
- Praza de Maxistrado para Sección Penal AP de Pontevedra.
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución para Vilagarcia de Arousa
- Xulgado de Contencioso para Santiago de Compostela
- Xulgado de 1ª Instancia para Vigo
- Plaza de Maxistrado para Sala do Social do TSX
- Xulgado de 1ª Instancia para Pontevedra
- Xulgado de 1ª Instancia e Instrución para Ribeira
- Xulgado de 1ª Instancia e Instrución para Carballo.
- Xulgado de 1ª Instancia para Coruña
- Xulgado do Penal para Ourense
- Xulgado do Social para Ferrol
2.- PERMISOS, VACACIÓNS E LICENZAS
Concédenos o prazo de 15 días para alegacións á proposta trasladada, para iniciar unha posterior negociación previa a súa publicación definitiva.
Por parte de SPJ-USO incídese na importancia de que entre en vigor a regulación do permiso parental que debería ocurrir como data límite o día 2 de agosto, e debe ser remunerado. Dende a Dxx manifestase que xa se pode solicitar o indicado permiso pero que están a espera de que o Ministerio de Xustiza remita a oportuna resolución para que teña dito carácter remunerado.
3.- PROPOSTA DE NOVA REGULACIÓN DA BOLSA DE PERSOAL INTERINO
O DXX manifesta a necesidade de cambiar a bolsa para axilizar os tempos e que a mesma sexa mais rápida e fluída. Tamén recalca a necesidade de incorporar novo persoal que aprobe os examenes sen praza. Consideran que unha bolsa similar a que funciona na xunta seria mais axeitada.
Concédenos o prazo de 20 días para alegacións á proposta trasladada, para iniciar unha negociación posterior previa a súa publicación definitiva.
SPJ-USO manifesta que hai que traballar en profundidade esta orden, que non estamos a favor da proposta realizada pola Xunta xa que consideramos que a actual é a axeitada para Galicia. A mesma só precisaría de modificacións para subsanar as deficiencias actuais.
SPJ-USO resalta a necesidade de contar na futura orde cos grandes profesionales interinos con acreditada experiencia con que conta a Administración de Xustiza de Galicia, que por diferentes circunstancias pode ser que nunca aproben as oposicións.
Sobre esta cuestión con mais ou menos diferencias puntuais, os sindicatos CUT, UXT, CSIF e CCOO consideran que deberíamos continuar coa orden actual coas modificacións correspondentes.
A CIG manifesta que está de acordo en realizar un cambio radical da actual bolsa, mentras que o STAJ non se manifesta polo momento.
ROGOS E PREGUNTAS EFECTUADAS POR SPJ USO:
1.- Teletraballo Manifestan que non hai avances no Teletraballo, que está todo moi parado e que o próximo día 28 haberá unha mesa de traballo pero só para consensuar criterios mínimos.
Teremos que estar ao resultado da Conferencia sectorial co Ministerio de Xustiza do 20 e 21 de xuño, para poder ampliar información sobre este asunto.
2.- Plan de choque para os Xulgados de Violencia
Están esperando a que o TSXG envie o informe solicitado pola DXX, e siguen insistindo que a solución pasa por modificar as normas de repartos dos xulgados e que os detidos sexan asumidos polo Xulgado de Garda dende as 12 o 13:00horas.
3.- Concurso de traslados
Estase valorando polo Ministerio, non se sabe se é unha intención firme, a posibilidade de que haxa un concurso aberto, que consistiría en actualizar os méritos cada tres meses coa posibilidade de concursar.
Esto provocaría que as comisións e substitucións limitaríanse ao mínimo en beneficio dun concurso aberto durante todo o ano.
4.- Oferta de emprego público
A falta de aprobación dos Presupostos Xerais do Estado, seguramente vai a condicionar a oferta de emprego público para este ano.
5.- Toma de posesión aprobados Corpo de Xestión quenda libre
Manifestan que o Ministerio sigue a manter como data previsible da toma de posesión despois do verán.
Aclaran que hay 72 prazas vacantes e que ofertarán 18 prazas en adscrición provisional.
Esta oferta de prazas en adscrición provisional non afectaría en principio as prazas actuais en comisións de servicio e substitucións.
6.- Gardas de 24 horas
O DXX manifesta que non hay avances e que o seu criterio sigue sendo a de crear novos xulgados.
7.- Ordenadores portátiles
En 16 partidos xudiciais xa teñen repartidos os novos ordenadores (1 Fase).
Van a empezar a segunda fase que afectará a 10 partidos xudiciais, pero non teñen ainda a confirmación de AMTEGA. O que si esta confirmado xa e que comezará o reparto polo IMELGA e polos Xulgados de A Estrada.
8.- Dicireg
Dende SPJ-USO incidiuse en que a formación do Dicireg é moi deficiente (os vídeos teñen casuistica moi básica). Dende a Dirección Xeral consideran que esa formación é a da pilotaxe realizada polo Ministerio e que xa se solicitou unha mellora da mesma. De momento están esperando resposta.
9.- Formadores nos Xulgados
Solicítase que se nomeen formadores in situ nos xulgados para titulares e interinos que melloraría de forma importante a adquisición dos coñecementos.


















