O persoal funcionario que á data da publicación desta convocatoria estea desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución, poderá participar na convocatoria sempre que leve máis dun ano na comisión de servizos ou substitución respectiva.
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo).
Informe Para cumprir co previsto no artigo 73 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza, as solicitudes irán acompañadas co informe, preceptivo e non vinculante, da persoa responsable do órgano, servizo ou unidade no que se atope destinado o persoal funcionario solicitante.