EGAP: CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O MINISTERIO FISCAL E AS DILIXENCIAS DE INVESTIGACIÓN

No DOG do día de hoxe publícase a convocatoria do curso “O Ministerio Fiscal e as Dilixencias de Investigación”. 


Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os/as funcionarios/as da Administración de Xustiza de Galicia que se encontren en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade ou do proxenitor distinto da nai biolóxica por nacemento, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar) e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Solicitudes e prazos:
1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 13 de outubro de 2022.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.

Accede á Resolución pica aquí.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221003/AnuncioO150-230922-0001_gl.html

Los comentarios están cerrados.