DOGA-EGAP- PUBLICADO OS CURSOS DO PLAN DE AUTOFORMACIÓN 2023 DE XUSTIZA

No DOGA de hoxe, 19 de xuño, vense de publicar resolución da EGAP do 9 de xuño de 2023, pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

🔴 Poderase acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula&gt;.

👉 A inscrición para o acceso aos contidos poderá facerse en calquera momento a partir do 📆 1 de xullo de 2023, día seguinte ao da finalización do prazo de matrícula da proba de avaliación das actividades do programa de autoformación.

🔴 Poderase acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP desde a inscrición de acceso ata o 📆 28 de decembro de 2023.

🔴 Cada persoa determinará libremente o número de actividades en que queira inscribirse e mais o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.

🔴 O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

🔴 O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado regulado na base novena do anexo II.

🔴 O prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas de avaliación será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de xuño de 2023.

🔴 O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a 5️⃣ cinco.

▪️ Amplía información e accede ós cursos: ⤵️⤵️
https://www.xunta.gal/dog/autoformacion/xustizagl.html

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!
FEITOS, non palabras!!!

Comentarios cerrados.