Curso superior de Administración Electrónica 2025 (EGAP)

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2025 pola que convoca o Curso superior de Administración electrónica.

Obxectivos do curso:

Concienciar o alumnado sobre a importancia que ten a implantación da Administración electrónica nas distintas administracións da nosa comunidade. Proporcionar coñecementos teóricos e prácticos de informática e do réxime xurídico da administración dixital.

 Criterios xerais de selección

1º. O curso está dirixido ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, que se encadren nalgunha das seguintes categorías:

• Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.

• Grupos I e II do persoal laboral.

2º. No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local e daAdministración de xustiza.

🔴 Datas: o curso desenvolverase desde o 9 de setembro ata o 28 de outubro de 2025.

🔴Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP); rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.

🔴 Duración: 114 horas lectivas, 30 horas de clases prácticas presenciais e 84 de teleformación.

🔴 Inscrición: As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo:  https://egap.xunta.gal/matricula

AMPLIA INFORMACIÓN NO DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250821.pdf

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.