CIRCULAR RESUMO DO CONCURSO DE TRASLADOS 2024 E PRINCIPAIS NOVIDADES!!!

IMPORTANTECONCURSO DE TRASLADOS 2024.
BOE 24/1/2025.

📅 PRAZO: DENDE o 27/1 ATA o 4 DE FEBREIRO

CIRCULAR SPJ-USO CONCURSO DE TRASLADOS 2024

Accede á publicación no DOGA

GALICIA BOE  (INCLÚE PRAZAS VACANTES DE GALICIA)  

Accede á publicación no BOE

🔴 BAREMO: NOVIDADE – (Antigüidade como TITULAR ou INTERINO + GALEGO).
👉 Neste concurso de traslados, conforme a sentencia do Tribunal Supremo, computarase tamén o tempo traballado no propio corpo como interino.
👉 😡😡 Non se computa o tempo traballado como SUBSTITUTO no corpo.

🔴 NOVIDADE: NON HABERÁ RESOLUCIÓN PROVISIONAL.
👉 Resolución definitiva: Dado que a implantación dos tribunais de instancia na súa primeira fase debe estar finalizada en xullo de 2025, faise necesario que o proceso deste concurso finalice coa antelación suficiente para reflectir todos os traslados que se produzan no sistema Aino@, polo que a fase provisional será omitida, e pasará a resolverse de forma definitiva de forma coordinada cos órganos competentes das comunidades autónomas con competencias transferidas.

🔴 NOVIDADE: NA RESOLUCIÓN DEFINITIVA XA SE ESTABLECERÁ A DATA DE CESE.
👉 O prazo posesorio (3, 8 ou 20 días – 1mes nas illas, Ceuta e Melilla) comezará a partir do día hábil seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar nas datas que se indiquen na resolución definitiva do concurso.

🔴 NOVIDADE – RENUNCIAS: Poderase admitir a renuncia á participación no concurso dentro do prazo de presentación de instancias e durante os dez días hábiles subseguintes ao do remate do dito prazo (neste último caso non se fará a través do asistente, se non que enviarán asinado e escaneado o anexo IV (modelo de alegacións), a través do correo electrónico concursos.admonjusticia@mjusticia.es, e confirmarase a súa recepción a través dunha mensaxe de resposta coa palabra «Recibido».
👉 ELIMÍNASE A POSIBILIDADE DE RENUNCIA NO PRAZO DE ALEGACIÓNS Á RESOLUCIÓN PROVISIONAL, dado que ademais NON HABERÁ RESOLUCIÓN PROVISIONAL.

▪️ Amplía información e accede á circular resumo elaborada por SPJ-USO ⤵️⤵️

CIRCULAR SPJ-USO CONCURSO DE TRASLADOS 2024

 

CONCURSO TRASLADOS: ASISTENTE PARA RELLENAR INSTANCIAS

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.