Cumpleanos do Blog

unsindicatoatuservicio1Nestes días este Blog cumpre un ano de vida dende a súa creación, o cal naceu co obxecto de mantervos informados de todas as cuestións relacionadas coa nosa profesión. Temos intentado poñer a información que mais nos podía interesar, sen mirar se a devandita información procedía da administración ou dalgún outro sindicato, páxina web ou blog, sempre que fose interesante para nós. As noticias fóronse publicando tanto en galego coma en castelán, xa que o que importa á fin e ao cabo é trasladar a información, non o xeito no que se fai. Dende a súa creación, tanto na dirección antiga como na nova, tivemos preto das cincuenta mil visitas, o que demostra, ou iso creemos, o grao de satisfacción dos usuarios, por iso e durante un período de dous meses imos abrir unha canle de contacto, a través dunha dirección especial de correo electrónico, para que nos mandedes as vosas suxestións ou ideas sobre o contido do blog, ou de como se debe tratar a información, etc., esperando a vosa colaboración, un saúdo de SPJ-USO GALICIA, para todos os compañeiros da nosa Comunidade e de fora dela, que nos seguides e axudades a difundir esta información por toda España.

Si queredes enviarnos un correo coas vosas suxerencias ou ideas para mellorar o blog, premer sobre a imaxe que figuran no lateral dereito do blog, baixo o epígrafe suxerencias.

Los comentarios están cerrados.