CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A PROVISIÓN, POLO SISTEMA DE CONCURSO ESPECÍFICO, DUN POSTO DE TRABALLO VACANTE NA FISCALÍA DE SANTIAGO

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía de Área de Santiago de Compostela.

CONVOCATORIA PUBLICADA NO BOE E DOG DE 19/7/2022

POSTO OFERTADO: Posto de coordinador/a da oficina fiscal de Santiago de Compostela.

🔴 Complemento Específico do posto: 860,95 €/mes.

Requisitos e condicións de participación

Poderá participar o persoal funcionario de carreira pertencente ao corpo de xestión procesual e administrativa, calquera que sexa o ámbito territorial en que estea destinado, que reúna as condicións xerais exixidas e os requisitos determinados nesta convocatoria na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes de participación e os manteñan ata a resolución definitiva do concurso.

Non poderá participar neste concurso o persoal funcionario que se atope na situación de excedencia voluntaria por interese particular, durante o período mínimo obrigatorio de permanencia na dita situación; ou o suspenso en firme, mentres dure a suspensión; nin o que se encontre sancionado con traslado forzoso, para destino na mesma localidade en que se lle impuxo a sanción, ata que transcorran un ou tres anos segundo se trate de falta grave ou moi grave, respectivamente.

Presentación de solicitudes e documentación

O prazo de presentación será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e mais no Boletín Oficial del Estado.

☑️ As persoas que concursen deberán presentar a súa solicitude utilizando obrigatoriamente o modelo que figura no anexo IV da resolución.

☑️ Forma da solicitude: na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.
Xunto coa solicitude deberá fornecerse a documentación que acredite os requisitos exixidos e os méritos alegados.

🔴 Méritos baremables: Anexo 3.

Resto de condicións:  as referidas na convocatoria no DOG e BOE do 19 /07/2022

➖ Doga: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220719/AnuncioV0654-080722-0001_gl.html
➖ Boe:  https://www.boe.es/boe/dias/2022/07/19/pdfs/BOE-A-2022-11971.pdf

 

Los comentarios están cerrados.