Archivos de la categoría SUBSTITUCIÓNS

IMPORTANTE: ENTRADA EN VIGOR DA NOVA ORDE DE INTERINOS E NOVIDADE NA APLICACIÓN UNILATERAL POR PARTE DA DXX DO CESE DE INTERINOS POR CAMBIO DE SITUACIÓN OU MOTIVO DA PRAZA CUBERTA e SITUACIÓN DAS SUBSTITUCIÓNS E COMISIÓNS DE SERVIZO NO MESMO SUPOSTO

📢🔊 IMPORTANTE: ENTRADA EN VIGOR DA NOVA ORDE DE INTERINOS E NOVIDADE NA APLICACIÓN UNILATERAL POR PARTE DA DXX DO CESE DE INTERINOS POR CAMBIO DE SITUACIÓN OU MOTIVO DA PRAZA CUBERTA e SITUACIÓN DAS SUBSTITUCIÓNS E COMISIÓNS DE SERVIZO NO MESMO SUPOSTO‼️

ℹ️➡️ Unha vez mais, confírmase a forma de actuar unilateral, sen previa negociación e tan sequera comunicación ós legales representantes dos traballadores, os Sindicatos, por parte da Dirección Xeral de Xustiza.

📣📣 Pois ben, o pasado 🗓️ mércores 25 de marzo, tivemos coñecemento que a DXX deu orde ás 4 delegacións provinciais de aplicar o cese de interino por cambio de situación ou motivo de cobertura da praza.

👉 O dito cese estábase a aplicar no suposto das substitucións entre titulares dende o ano 2021 por aplicación de sentencia do TSXG de febreiro de dito ano, e non se aplicaba nin as Comisións de Servizo nin ós interinos.

👉 A día de hoxe segue sen aplicarse ás comisións de servizo, pero si se aplicará o cese no caso de cambio de situación ou motivo nas substitucións, por aplicación da citada sentenza, e nos interinos, por aplicación supletoria do Trebep, tal como acaba de impoñer a DXX, e xa están aplicando as 4 delegacións dende o pasado 25 de marzo.

⚠️⚠️ Pois ben, o artigo 18 da nova Orde de Interinos regula os cesamentos do persoal interino, establecendo como causa de cese, entre outras, 👉 “calquera outra causa prevista na normativa vixente”; en virtude do anterior, o artigo 10 do Estatuto Básico do Empregado Público (Trebep), na regulación dos funcionarios interinos, establece no seu punto 3, apartado d, como causa de cese de interino: 👉 “d) Por la finalización de la causa que dio lugar a su nombramiento”. Este é o apartado ó que se acolle a DXX para, dende a entrada en vigor da nova Orde de Interinos, aplicar o cese por cambio de situación/motivo.

🔴 Aproveitamos igualmente para aclarar, ante as múltiples dúbidas que nos estades a plantexar, que a Orde de 8 de marzo de 2026 sobre selección e nomoeamento de persoal interino entrou en vigor ó día seguinte á súa publicación no Dog, ou sexa, o mércores 18 de marzo, independientemente de que está pendente a convocatoria das novas bolsas e a formación das mesmas.

▪️ Para calquera dúbida ou aclaración non dubides en contactar co teu Delegado sindical de SPJ-USO

ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS 25/03/2026

SUBSTITUCIÓNS

PUBLICADA A RESOLUCIÓN COAS ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS  25/03/2026‼

 

Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Conselleríahttps://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a última convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertadas o pasado 18/03/2026

Accede no seguinte arquivo as adxudicacións:

20260325_ResoluciónAdxudicación substitucións

NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES 18/03/2026

SUBSTITUCIÓNS

Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision

🔗 SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS O 18-3-26 

🔴 PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres 3⃣ días hábiles desde o día seguinte ao da publicación (20, 23 e 24 de marzo).

🔴 Modelo de solicitude: Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

Sigue leyendo

ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS 18/03/2026

PUBLICADA A RESOLUCIÓN COAS ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS  18/03/2026‼

 

Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Conselleríahttps://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a última convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertadas o pasado 11/03/2026

Accede no seguinte arquivo as adxudicacións:

20260318_ResoluciónAdxudicación

NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES -11/3/26

SUBSTITUCIÓNS

Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision
🔗https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:83e714af-5d21-431f-a55d-3bb24def4e62

🔴 PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres 3⃣ días hábiles desde o día seguinte ao da publicación (12, 13, e 16 de marzo).

🔴 Modelo de solicitude: Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

📣📣 Será REQUISITO estar en SERVIZO ACTIVO, e con destino en Galicia, e LEVAR UN ANO DENDE A TOMA DE POSESIÓN NO POSTO ACTUAL, ben sexa obtido en Concurso de Traslados ou ben en Comisión ou Substitución

🔴 Accede á normativa 2025 que regula as substitucións: 🔗 https://spjusogalicia.com/dog-publicadas-a-nova-normativa-de-substitucions-e-a-modificacion-das-rpts-das-fiscalias/

🔴 Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

⚫ PREFERENCIA nas SUBSTITUCIÓNS:
☑️ En PRAZAS XENÉRICAS:
– Corpo inferior e mesma unidade.
– Mesmo corpo, distinta unidade e mesmo centro de destino.
– Corpo inferior, distinta unidade e mesmo centro de destino.
– Mesmo corpo e distinto centro destino.
– Corpo inferior e distinto centro destino.
☑️ PRAZAS SINGULARIZADAS OU CON RPT DIFERENCIADA (gardas, VSM)
– Mesmo corpo e mesma unidade.
– Corpo inferior e mesma unidade.
– Mesmo corpo, distinta unidade e mesmo centro de destino.
– Corpo inferior, distinta unidade e mesmo centro de destino.
– Mesmo corpo, distinto centro de destino.
– Corpo inferior, distinto centro de destino.
En tódolos casos, de haber varios, a preferencia determínaa o maior tempo de servizos prestados no centro de destino e en caso de empate, antigüidade no corpo.
☑️ NAS OFICINAS DE XUSTIZA NO MUNICIPIO:
– Terán preferencia os Xestores do mesmo centro de destino, logo os Tramitadores do mesmo se os hai.

Adxuntamos arquivo coas SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS. ⤵️⤵️

NOVAS SUBSITUCIÓNS