NOVA BOLSA DE INTERINOS DE XUSTIZA EN GALICIA. As listaxes resultantes publicaranse na semana do 27 de xaneiro.

interinos

A DXX ven de comunicarnos textualmente o seguinte:

Comunícase que, na semana do 27 de xaneiro,  está prevista a publicación das listas resultantes  ás que fai referencia o punto 2 do artigo 10 da Resolución do 18 de marzo, da Dirección Xeral de xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Cada persoa solicitante só poderá formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia, polo que no caso de que estea incluída en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberá seleccionar aquela única na cal desexe quedar. Se non o fai, entederase que desiste de todas as súas solicitudes.

elección deberá facerse TELEMATICAMENTE, no prazo de dez días hábiles a partir da publicación das mencionadas listas, cubrindo  NECESARIAMENTE o formulario electrónico na aplicación informática.

É importante recordar que ao elixir a bolsa correspondente xérase un borrador que é necesario presentar, ben electrónicamente, con DNI electrónico ou certificado dixital, ou ben manualmente en calquera dos lugares do artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Todos os solicitantes de bolsa dispoñen dun manual na pantalla de «solicitude de bolsa», no apartado «Instrucións».

Nas páxinas 27-29 do manual (33-35 no manual en castelán), explícase como realizar a elección de bolsa.

image001 (1)

2.1) Se o solicitante so está admitido nun corpo, ao seleccionar a opción de elección de bolsa en OPAX apareceralle unha mensaxe indicando que non é necesario realizar ese paso (impedindo a elección de bolsa):

imagen 2

2.2) Se o solicitante non foi admitido en ningún corpo, ao seleccionar a opción de elección de bolsa en OPAX apareceralle unha mensaxe indicando esa situación (impedindo tamén a elección de bolsa):

imagen 3

Los comentarios están cerrados.