No DOG de hoxe, 8 de agosto, vense de publicar a orde do 2 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación da vida familiar e laboral por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento SI440A):
Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria das axudas á conciliación da vida familiar e laboral do ano 2024 coa finalidade de fomentar a asunción, especialmente por parte dos homes, dos dereitos asociados coa corresponsabilidade e coidados. Serán subvencionables as situacións de redución de xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas, no período comprendido entre o 1 de agosto de 2023 e o 31 de xullo de 2024, ambos os dous incluídos, das persoas sinaladas como beneficiarias no artigo 5 desta orde.
En el BOE de hoy (5/8/24) se acaba de publicar la Ley Orgánica 3/2024, de 2 de agosto, de reforma de la Ley Orgánica 6/1985, de 1 de julio, del Poder Judicial y de reforma de la Ley 50/1981, de 30 de diciembre, por la que se regula el Estatuto Orgánico del Ministerio Fiscal.
IMPORTANTE: PRAZAS A OFERTAR PARA O CORPO DE XESTIÓN DE NOVO INGRESO EN GALICIA‼️ REUNIÓN DE TRABALLO COA DXX DE 30/5!!!


















