DOGA – EGAP, PUBLICADOS OS CURSOS DO PLAN DE AUTOFORMACIÓN 2026 DE XUSTIZA‼

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2026 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.

🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260420/AnuncioO150-090426-0001_gl.html

🔗 Accede á convocatoria programa de autoformación 2026

🔴 Poderase acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula&gt;.

📣📣 A inscrición para o acceso aos contidos poderá facerse en calquera momento a partir do 🗓️ 28 de abril de 2026, día seguinte ao da finalización do prazo de matrícula da proba de avaliación das actividades do programa de autoformación.

🔴 Poderase acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP desde a inscrición de acceso ata o 🗓️ 30 de decembro de 2026. agás para os seguintes contidos, que estarán dispoñibles a partir do día 🗓️ 1 de outubro de 2026.
👉 AF26009: Aplicación práctica da normativa de emprego público na Comunidade Autónoma de Galicia.

🔴 Cada persoa determinará libremente o número de actividades en que queira inscribirse e mais o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.

⚠️⚠️ O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado regulado na base novena do anexo II.

📣📣 O prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas de avaliación será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 🗓️ 27 de abril de 2026.

🔴 O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a 4️⃣ catro.

▪ Amplía información e accede ós cursos: ⤵⤵

🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260420/AnuncioO150-090426-0001_gl.html

🔗 Accede á convocatoria programa de autoformación 2026

 

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.