Archivos de la categoría Concurso Específico

CONCURSO ESPECÍFICO DE POSTOS DE TRABALLO VACANTES NAS FISCALÍAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, de postos de traballo vacantes nas fiscalías de Galicia

Presentación de solicitudes e documentación

1. As persoas que concursen deberán presentar a súa solicitude utilizando obrigatoriamente o modelo que figura no anexo IV desta resolución.

2. O prazo de presentación será de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado. En caso de que a publicación desta convocatoria non se faga simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, terase en conta a data de publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co que dispón o artigo 49.5 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza.

3. As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.

4. Xunto coa solicitude deberá achegarse a documentación que acredite os requisitos exixidos e os méritos alegados, que se deberán relacionar no modelo de solicitude (anexo V) desta convocatoria.

Os méritos específicos, correspondentes á segunda fase do concurso, deberán ser xustificados documentalmente mediante os pertinentes títulos académicos ou diplomas, así como mediante certificados ou calquera outro medio de proba admisible en dereito.

POSTOS OFERTADOS

AMPLIA INFORMACIÓN NO DOG E BOE

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260303/AnuncioG0759-200226-0001_gl.pdf

https://www.boe.es/boe/dias/2026/03/03/pdfs/BOE-A-2026-5001.pdf

 

 

PUBLICADA A CONVOCATORIA DUN POSTO POR CONCURSO ESPECÍFICO DE XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA EN FERROL

No DOG e BOE de hoxe publícase a Resolución do 21 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se convoca para provisión, polo sistema de concurso específico, un posto de traballo do corpo de xestión procesual e administrativa na locadidade de Ferrol.

📣📣 O posto convocado é no centro de destino é SCT- TI de Ferrol con código  XG92580002150366001.09– Xestión – Xefatura de equipo da Área Civil, Familia, CA e Social

🔴 Xestión – Xefatura de equipo da Área Civil, Familia, CA e SocialComplemento Xeral de Posto anual 4.219,80 € – Complemento Específico anual 11.417,40 € .

🔴 Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no no Diario Oficial de Galicia e  Boletín Oficial del Estado.

🔴 As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e presentaranse por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o procedemento xenérico PR004A .Xunto coa solicitude deberase achegar a documentación acreditativa dos requisitos  exixidos e dos méritos alegados, os cales se deberán relacionar no modelo de solicitude (anexo IV) da convocatoria.

 Primeira fase: méritos xerais – máximo 36 puntos.

 Antigüidade: ata 24 puntos.

 Lingua galega: 12 puntos.

 Segunda fase: Méritos Específicos os do anexo I.  Máximo 24 puntos.

Amplía información e accede ao resto da Resolución no seguinte enlace:

🔗 DOG:

Haz clic para acceder a AnuncioG0759-220126-0002_gl.pdf

🔗 BOE:

Haz clic para acceder a BOE-A-2026-2353.pdf

PRÓXIMA CONVOCATORIA DE POSTO POR CONCURSO ESPECIFICO EN FERROL

O 2.02.2026 está prevista a publicación no DOG e no BOE da  Resolución do 21 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se convoca, para a provisión, polo sistema de concurso específico, un posto de traballo do corpo de xestión procesual e administrativa.

 O posto convocado é o posto XG92580002150366001.09  Xestión – Xefatura de equipo da Área Civil, Familia, CA e Social do SCT-TI de Ferrol.

ADXUDICACIÓN DE POSTOS SINGULARIZADOS (XEFATURAS) DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO NA NUMO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión, polo sistema de concurso específico, de postos de traballo dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial da Administración de xustiza.

RESOLVO:

 Aprobar a proposta definitiva de valoración de méritos efectuada polas comisións de valoración do concurso específico.

 Resolver o concurso específico de méritos adxudicando os postos convocados ao persoal funcionario que se relaciona no anexo.

 Declarar deserto o posto do corpo de xestión procesual e administrativa denominado «Xestión-Xefatura de equipo SCT-TI Civil, Familia, CA e Social», de código XG92580002150366001.09, no centro de destino SCT_TI de Ferrol.

A toma de posesión producirase no momento da entrada en funcionamento da nova oficina xudicial o 31 de decembro de 2025.

ACCEDE A ADXUDICACIÓNS 

DOG ;ADXUDICACIÓN DE POSTOS SINGULARIDADOS

BOEADXUDICACIÓN DE POSTOS SINGULARIDADOS

Publicación resolucións definitivas de concurso específico: Xefaturas da fase 3

📢🔊 Publicación resolucións definitivas de concurso específico: Xefaturas da fase 3‼️

ℹ️➡️ Comunícase que a publicación no DOG e BOE da resolución pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión de postos de traballo dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial da administración de xustiza, está prevista para o 🗓️ *venres 14 de novembro.

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.