AMPLIACIÓN DO PRAZO DE DESFRUTE DE DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES E VACACIÓNS CORRESPONDENTES AO 2020, ATA O 31 DE MARZO DE 2021.
Despois do traballo realizado por este sindicato, e dos escritos presentados na DXX, ésta accede ao seguinte:
Dos días de asuntos particulares (9+1 de 2020, mais os canosos) dos que dispón cada traballador/a correspondentes ao ano 2020, 6 dias temos que disfrutalos antes do 31 de xaneiro de 2021, pero o resto de días tanto de asuntos como canosos, que teña cada traballador/a poderán disfrutarse ata o 31 de marzo de 2021.
Respecto ás vacacións, só poderá prorrogarse o seu disfrute, nos casos específicos de peticiones do ano 2020, que fosen denegadas expresamente e o motivo estivese fundamentado na necesidad do servizo e para iso faría falta informe favorable.
NO DÍA DE HOXE A DXX REMÍTENOS BORRADOR DA ORDE QUE MELLORA O NEGOCIADO NO MINISTERIO DE XUSTIZA. D
A Resolución da DXX acorda o seguinte: «Polo exposto, RESOLVO:
1. Como norma xeral, as vacacións e días de permiso por asuntos particulares do ano 2020, desfrutaranse ata o 31 de xaneiro de 2021.
2. Como excepción, poderá autorizarse o desfrute das vacacións correspondentes ao ano 2020 ata o 31 de marzo de 2021:
a) Para aqueles funcionarios destinados en unidades onde, de non se producir esta autorización, e dada a súa natureza e funcións, así como a imposibilidade de arbitrar mecanismos de substitución, se produza
un risco certo ou incluso o colapso da prestación ordinaria de servizos públicos durante o tempo que resta ata finalizar xaneiro de 2021, circunstancias que se entenderá que concorren se se dá a validación correspondente do letrado/a, fiscal xefe ou subdirector/a do Imelga no trámite da correspondente solicitude.
b) Naqueles casos específicos de peticións de gozo durante 2020 que foran denegadas expresamente, cando o motivo da denegación estivera fundamentado nas necesidades do servizo.
3. Ademais, e con carácter excepcional, ata o 31 de marzo de 2021 poderán gozar dos días de permiso por asuntos particulares que, a maiores dos 6 previstos para as administracións xerais, non se gozasen ata o 31 de xaneiro de 2021″.