Archivo diario: 19/08/2026

TRAMITACIÓN PROCESUAL – PROMOCIÓN INTERNA: CORRECCIÓN DE ERROS NA ADXUDICACIÓN DE DESTINOS de GALICIA

Está prevista para o venres 21 de agosto de 2026 a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) dunha corrección de erros da Resolución do 31 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se adxudicaron destinos ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda de promoción interna, convocado pola Orde PJC/150/2024, do 19 de febreiro.

IMPORTANTE: A corrección afecta á resolución de adxudicación de destinos nas oficinas xudiciais de Galicia relacionadas no seu anexo I.

Publicación prevista no DOG: 21 de agosto de 2026.

A correspondente corrección de erros no BOE publicarase nunha data posterior.

Trátase dun erro no código RPT da praza do Servizo Común de Tramitación de TI de Pontevedra, Área Penal publicado no BOE e DOGA de 10/8; o código rpt en realidade adxudicado é XG92587030360387021.00