
📢🔊 CONCURSO DE TRASLADOS 2024-2 de Xestión, Tramitación e Auxilio (pobos afectados pola fase 1 da NUMO) – A incompetencia do Ministerio de Xustiza xunto coa «paz social» firmada por Staj, Csif, Ugt e Cig provocan un novo RETRASO na resolución do Concurso de Traslados, que non se resolverá antes de MEDIADOS DE ABRIL‼️
ℹ️➡️ O Ministerio de Xustiza, tras eliminar directamente o Concurso de Traslados xeral correspondente a 2025, manifestando así que os Concursos comezarían a publicarse no primeiro trimestre de cada ano para fomentar a CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR, manifesta agora que o Concurso de Traslados Xeral 2026 non pode publicarse ata ter completamente resolto o Concurso de traslados 2024-2 dos pobos, e a final do primeiro trimestre do ano informa con un escueto: ⚠️⚠️ «La publicación resolución del concurso para el traslado está prevista para mediados de abril.»
📣📣 Pois ben, veremos se a data de mediados de abril é a definitiva; mentres tanto, SPJ-USO ven de presentar nova queixa formal ante o MInisterio de Xustiza urxindo a inmediata resolución do Concurso pendente.
▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.
SPJ-USO: Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA ⚖️ Galega!!!
FEITOS, non palabras!!!
Lembrade que SPJ-USO faiche gratis a declaración da renda‼️


















