Publicado el26/03/2026|Comentarios desactivados en NOVAS COMISIÓNS DE SERVIZO 26/03/2026
NOVAS COMISIÓNS DE SERVIZO 26/03/2026
Hoxe publícase na Intranet de xustiza e na páxina web da Consellería (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convoca a provisión en Comisión de Servizo de postos de traballo entre persoal funcionario da Administración de Xustiza.
Solicitantes: persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.
Será REQUISITO LEVAR UN ANO DENDE A TOMA DE POSESIÓN NO POSTO ACTUAL, ben sexa obtido en Concurso de Traslados ou ben en Comisión ou Substitución
Prazo e modelo para presentar ás solicitudes: días hábiles a partir do día seguinte á publicación.
Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio webhttp://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2025 da DXX.