Archivo mensual: marzo 2022

EGAP – CONVOCATORIA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN CONTINUA EN MATERIA DE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO

ℹ➡RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2022 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.

Para máis información preme aquí: ⤵⤵

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220318/AnuncioO150-100322-0002_gl.html

CONVOCATORIA CELGA 1, 2, 3 Y 4

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para máis información preme aquí:⤵⤵

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220318/AnuncioG0598-100322-0001_gl.html

ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS 17/03/2022

Resolución do Director Xeral de Xustiza do 17/03/2022, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitucions.

Con data 10/03/2022 ofertáronse para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitucións entre funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza, os postos relacionados no anexo I da dita convocatoria.

Aquí vos deixamos o anexo I de adxudicacións:

ResolucionDX_Publicacion_Adxudicacions-17-03-22

 

OPOSICIONES – SITUACIÓN ACTUAL A 17/03/2022-PRÓXIMAS CONVOCATORIAS DE PROMOCIÓN INTERNA Y DE TURNO LIBRE

ℹ️➡️ Ante las múltiples consultas y después de varias reuniones Ministerio de Justicia/sindicatos la única información veraz a día de hoy es que nada está claro, sigue la incertidumbre y siguen sin conocerse las condiciones y fechas de convocatoria alguna.

👉 Os mantendremos puntualmente informados cuando haya alguna información mínimamente viable y avanzada sobre futuras convocatorias.

EGAP – PUBLICACIÓN NO DOG DO CURSO BÁSICO SOBRE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2022 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Poderán participar nesta actividade formativa: os/as empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Ao tratarse de actividades impartidas na modalidade de teleformación, as persoas interesadas deberán dispor dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un ordenador con conexión á internet

– Un navegador web actualizado

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 27 de marzo de 2022.

Sigue leyendo