Archivo diario: 01/03/2022

RESOLUCION DEFINITIVA DO CONCURSO DE TRASLADOS 2021 – ÚLTIMA HORA‼️

RESOLUCION DEFINITIVA DO CONCURSO DE TRASLADOS 2021 – ÚLTIMA HORA‼️
➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖
ℹ️➡️ Resolución alfabética definitiva del Concurso de traslados ordinario de Gestión, Tramitación y Auxilio de la Administración de Justicia 2021, relación de excluidos y preferencias tenidas en cuenta.

▪️ Accede: ⤵️⤵️
https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/concursos-traslados/concurso-de-traslados-ordinario-gestion-tramitacion-y-auxilio-2021

Adxuntamos as adxudicacións definitivas en Galicia ⤵️⤵️

XESTIÓN PROCESUAL SPJ-USO GALICIA

TRAMITACIÓN GALICIA SPJ-USO GALICIA

AUXILIO GALICIA SPJ-USO GALICIA

EGAP – Convocados CURSOS DE FORMACIÓN para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia‼️

-Convocados CURSOS DE FORMACIÓN para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia‼️

Requisitos das persoas participantes: Poderá participar o persoal empregado público e as persoas integrantes das bolsas de interinos  da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral).

Solicitudes:  O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula&gt; desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

 A renuncia: a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

  1. b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Amplía información e accede á relación de cursos: ⤵️⤵️⤵️
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220301/AnuncioO150-210222-0002_gl.html

RELACIÓN DE CURSOS OFERTADOS POLA EGAP

Sigue leyendo