Archivo diario: 25/03/2022

PUBLICADOS OS ESCALAFÓNS DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO XUDICIAL PECHADOS A DATA DO 31 DE DECEMBRO DE 2021

O Ministerio de Xustiza ven de informar a SPJ-USO, da publicación da actualización dos escalafóns dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial, pechados a data do 31 de decembro de 2021.

Os escalafones atópanse publicados na área privada do Portal da Administración de Xustiza:

https://www.administraciondejusticia.gob.es/ dentro de a pestana: «Información de Interés».

Área privada:

https://priwebseal.justicia.es/cas2/cas/login?service=http://www.administraciondejusticia.gob.es/paj/privado/

Dende SPJ-USO poñemos á vosa disposición os escalafóns, a través dos seus Delegados Sindicais, xa que non se poden publicar neste Blogue por motivos de protección de datos.

Publicada no DOGA DE HOXE 25/3 A NOVA NORMATIVA DE COMISIÓNS DE SERVIZOS‼️


➖➖➖➖➖➖➖➖
📢🔊 Publicada no DOGA DE HOXE 25/3 A NOVA NORMATIVA DE COMISIÓNS DE SERVIZOS‼️
➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖

🔴 OUTRA REIVINDICACIÓN CONSEGUIDA POR SPJ-USO, unha vez mais: FEITOS, non palabras‼️
➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖

ℹ️➡️ No DOGA de hoxe venres 25/3 publícase a RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

🔴 Prazas que se ofertarán a COMISIÓN DE SERVIZOS:
Considérase praza vacante, para efectos desta resolución a desocupada por: ⤵️⤵️
☑️ a) Perda da condición de funcionario/a.
☑️ b) Praza cuxo titular estea en servizos especiais.
☑️ c) Excedencia voluntaria por coidado de familiares.
☑️ d) Excedencia voluntaria por interese particular.
☑️ e) Excedencia voluntaria por agrupación familiar.
☑️ f) Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público.
☑️ g) Praza de nova creación.
☑️ h) Prazas que quedasen vacantes ou desertas no concurso de traslados.
☑️ i) Liberación sindical.

🔴 CRITERIOS DAS ADXUDICACIÓNS:
a) Antigüidade.
b) Nivel de coñecemento da lingua galega.
En caso de empate, acudirase ao escalafón.
👉 O persoal funcionario que á data da respectiva convocatoria estean desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución, poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

🔴 Entrada en vigor:
A resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

▪️ Amplía información ℹ e accede á Resolución: ⤵️⤵️

NORMATIVA COMISIÓNS DE SERVIZO GALICIA 2022

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220325/AnuncioG0595-210322-0001_gl.html