Archivo diario: 08/09/2021

NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES OFERTADAS O 8/9/2021

Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza con data 8/9/2021.

As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

Postos de traballo ofertados:  Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

PRAZO DE SOLICITUDES: (9, 10 e 13 de setembro do 2021)

As solicitudes deberán ser presentadas por correo electrónico, ao enderezo servicio.persoal.xustiza@xunta.gal, ou ao fax 981 546 222. Non se admitirán as solicitudes que se reciban por outro medio. A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou correo electrónico enviado.

Adxuntamos arquivo pdf coas SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS e modelo Anexo II bis de solicitude de substitución ⤵️⤵️: 

Resolución de oferta de prazas: Substitucións do 8.9

Modelo de solicitude: Anexo bis II Solicitude de SUBSTITUCIÓNS (1)

CHAMAMENTOS DE INTERINOS – GALICIA – 8/9/2021

Hoxe 8/9/2021 foron aprobados os seguintes chamamentos de persoal interino:

A CORUÑA

-Xulgado de 1ª Instancia nº 4 –  Corpo de Xestión Procesual e Administrativa.

LUGO

-Xulgado Mixto de Sarria – Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa.

Nas restantes provincias non houbo chamamentos no día de hoxe.