Archivo diario: 16/09/2021

CONCURSO ESPECÍFICO VACANTE FISCALÍA PROV. A CORUÑA: BAREMACIÓN PROVISIONAL

Publicada na intranet de xustiza no día de hoxe, 16 de setembro, resolución do 15 de setembro de 2021, pola que se aproba a listaxe e das persoas admitidas no concurso específico para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía Provincial da Coruña, convocado pola Resolución do 10 de xuño de 2021 (DOG nº 114, do 17.06.2021).

Aquí vos deixamos o arquivo en pdf:

Resolucion baremación libre designación Fiscalía Coruña

NOVAS VACANTES POR XUBILACIÓNS PARA O VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADO 2021

 

NOVAS VACANTES POR XUBILACIÓNS NOS MESES DE AGOSTO E SETEMBRO, REMITDAS Ó MINISTERIO DE XUSTIZA PARA A SÚA INCORPORACIÓN AO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS 2021.

A maiores das anteriores, que inicialmente se nos remitiron pola DXX, e tralas xestións realizadas por SPJ-USO, inclúese no vindeiro CONCURSO 2021 unha praza do CORPO DE XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA NO XULGADO DE INSTRUCCIÓN Nº 2 DE PONTEVEDRA, por xubilación do titular.