Archivo diario: 24/08/2021

Na INTRANET publicase as melloras da nova versión de MINERVA

Estase a implantar a nova versión de Minerva nos Xulgados de toda Galicia de xeito progresivo. A versión 6.4.4.0. introduce novas funcionalidades na consulta, xestión e nas Oficinas de Rexistro e Reparto. Poderás ver estas novidades cando a versión estea actualizada no teu órgano.

Oficinas de Rexistro e RepartoConsultasXestión

  • A nova versión permíteche a consulta do expediente asociado a través de Registro – Revisión de asuntos/escritos. Se o procedemento ten expediente asociado, ao premer no botón “Expt. Adm” podes consultar os documentos.
  • Engádese un novo control no envío de asuntos que teñan escritos asociados e xeren carátula de rexistro, para que non se realice o envío se o ficheiro de carátula de rexistro non se copia correctamente por problemas de conexión. Nese caso, a aplicación amosará un aviso ao usuario.

  • A nova versión de Minerva permíteche recuperar o número de rexistro a través de “Tramitación” – “Aceptación de Asuntos”, no caso de devolucións por inhibición remitidas polos Órganos de Rexistro e Reparto aos Xulgados.
  • Poderase asignar o NIG de macrocausas ao procedemento que se estea rexistrando, tanto manual como automático. Habilitase o botón para visualizar e seleccionar o NIG da macrocausa.

ver publicación na intranet:

https://intranet.xustiza.gal/-/minerva-descubre-las-mejoras-de-la-nueva-version-6-4-4-0?inheritRedirect=true&redirect=%2Finicio