Archivo diario: 13/07/2021

MODIFICACIÓN DA ORDE DE INTERINOS: A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA REMITIOU A MODIFICACIÓN DA ORDE DE INTERINOS

A Dirección Xeral de Xustiza, remitiu a modificación da  Orde do 4 de outubro de 2018, sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao Servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Achégase o texto de referencia, coas últimas modificacións introducidas trala última mesa sectorial, que será sometido aos preceptivos informes para a súa aprobación e posterior publicación.

ACCEDE Á MODIFICACIÓN ORDE DE INTERINOS

ACCIÓN SOCIAL 2021: LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

Hoxe día 13 de xullo de 2021 mantivemos  reunión coa DXX na cal déusenos a coñecer os datos das listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano en curso.

Os datos que nos proporcionou a DXX son os seguintes:

  • NÚMERO TOTAL DE SOLICITUDES PRESENTAS: 133 das cales 125 son solicitudes simples, 7 dobres e 1 tripla.
  • NÙMERO TOTAL DE BENEFICIARIOS: 142
  • SOLICITUDES ADMITIDAS PROVISIONALMENTE: 126 que corresponden a 134 beneficiarios.
  • SOLICITUDES DENEGADAS : 7, as cales corresponden a 8 beneficiarios. Destas 6 son por causas subsanables e 1 está duplicada.

Asimesmo, a DXX infórmanos de que no día de hoxe será remitido o DOG. Lembrade que desde o día seguinte á súa publicación disporedes de 10 días hábiles para a subsanación de defectos.

A data de pagamento, como todos os anos, non será antes do mes de outubro.

Dende SPJ-USO lamentamos que a Xunta de Galicia manteña, un ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar outros programas de acción social como son fillos, estudios, transporte, etc.

Igualmente seguiremos loitando pola subida da porcentaxe da masa salarial destinada a este fin ata alcanzar o 1 %.

POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA!!!!