Archivo diario: 28/05/2018

PLANES DE RECUPERACIÓN «»empezará a partir del lunes que viene»»»

Resultado de imagen de TRABAJO ATASCADO JUSTICIAAunque arranca la semana que viene, Rueda precisa que el plan no estará en «pleno desarrollo» hasta después del verano

El plan de recuperación del trabajo en la Justicia empezará por «desatascar» registro y notificación
«Empezaremos por aquella parte que se puede hacer inmediatamente: desatascar todo el trabajo que hay en el principio de todo el proceso, que es en los servicios de registro y notificación, con los correspondientes refuerzos en el trabajo del personal, y que empezará a partir del lunes que viene», ha explicado Rueda.

Leer mas: http://www.europapress.es/galicia/noticia-plan-recuperacion-trabajo-justicia-galicia-empezara-desatascar-registro-notificacion-20180528151911.html

Solicitudes para que «NON» se apliquen os prorrateos en nómina das cantidades pendentes

27315-logo_intranet_xustizaNa seguinte ligazón (MODELO DE SOLICITUDE) ponse á disposición do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia o modelo de solicitude para o caso de que NON desexe acollerse ao rateo dos descontos por xornadas de folga pendentes de aplicar na nómina.

A dita solicitude deberá remitirse ao enderezo electrónico que figura no propio impreso antes das 14:00 horas do vindeiro xoves 31 maio de 2018.


MODELO_SOLICITUDE_NON_PRORRATEO pdf

SUPOSTOS NOS QUE NON SE REALIZARÁN DESCONTOS POR INCAPACIDADES TEMPORAIS

Resultado de imagen de incapacidad temporalSUPOSTOS ACTUAIS

VER NOTA INFORMATIVA

Accidente laboral ou enfermidade profesional. 

Hospitalización e intervención cirúrxica (incluíndose hospitalización a domicilio, estancia en hospital de día e períodos de observación nos servizos de urxencias hospitalarias superiores a 7 horas) 

Supostos de IT derivados de tratamentos oncolóxicos 

Situacións de IT derivadas de enfermidades que fosen causa da concesión de discapacidade con grao igual ou superior ao 33%. 

– Situacións de IT que teñan inicio durante os procesos de xestación ou de lactación, ainda que non dean lugar a unha situación de risco durante o embarazo ou durante a lactación.

Situacións de incapacidade temporal derivadas de enfermidades graves, entendéndose por tales os procesos patolóxicos susceptibles de ser padecidos por persoas adultas que estean contemplados no Real decreto 1148/2011, do 29 de xullo, para a aplicación e desenvolvemento, no sistema da Seguridade Social, da prestación económica por coidado de menores afectados/ as por cancro ou outra enfermidade grave.

– Situacións de IT motivadas pola situación física ou psicolóxica derivada da violencia de xénero.

– Situacións de IT por risco durante o embarazo ou durante a lactación.

NOVOS SUPOSTOS QUE NOS EQUIPARAN CO RESTO DE CORPOS FUNCIONARIAIS OU AUTORIDADES DO ÁMBITO XUDICIAL

Interrupción voluntaria do embarazo no primeiro trimestre por indución farmacolóxica. 

– Incapacidade temporal durante o tratamento de reprodución asistida. 

– Cardiopatías Isquémicas: Infarto agudo de miocardioAngina de peito estable,Angina de peito inestable

– Enfermidades de declaración obrigatoria do Real Decreto 2210/1995:

 Gripe, Botulismo, Brucelose, Cólera, Difteria, Disentería, Enfermidade Meningocócica, Febre amarela, Febres tifoidea e paratifoidea, Hepatites A, Hepatites B, Hepatites víricas e outras, Infección gonocócica, Legionelosis, Lepra, Meninxite tuberculosa, Paludismo, Parotiditis, Peste, Poliomielitis, Rabia, Rubeola, Rubeola congénita, Sarampión, Sífilis, Sífilis congénita, Tétanos, Tétanos neonatal, Tifus exantemático, Tos Ferina, Triquinosis, Tuberculose respiratoria, Varicela.

Mentres se tramita a modificación do Decreto 169/2013 conforme ó acordo firmado, a administración comprometeuse a paralizar dende xa o trámite de descontos nestes últimos supostos.

IT sen descontos1.png

 

SEMANAS GRANDES MES DE XUÑO

O horario reducido é de 9 a 14 horas, de xeito que as horas que excedan de dito horario serven para completar o flexible do mes.  No caso de ter recoñecida prolongación de xornada, para cumprir coa mesma, hai que realizar cinco horas e media cada día.

RECORDATORIO SEMANAS GRANDES XUÑO

RECORDATORIO SEMANAS GRANDES XUÑO1.png