SUPOSTOS NOS QUE NON SE REALIZARÁN DESCONTOS POR INCAPACIDADES TEMPORAIS

Resultado de imagen de incapacidad temporalSUPOSTOS ACTUAIS

VER NOTA INFORMATIVA

Accidente laboral ou enfermidade profesional. 

Hospitalización e intervención cirúrxica (incluíndose hospitalización a domicilio, estancia en hospital de día e períodos de observación nos servizos de urxencias hospitalarias superiores a 7 horas) 

Supostos de IT derivados de tratamentos oncolóxicos 

Situacións de IT derivadas de enfermidades que fosen causa da concesión de discapacidade con grao igual ou superior ao 33%. 

– Situacións de IT que teñan inicio durante os procesos de xestación ou de lactación, ainda que non dean lugar a unha situación de risco durante o embarazo ou durante a lactación.

Situacións de incapacidade temporal derivadas de enfermidades graves, entendéndose por tales os procesos patolóxicos susceptibles de ser padecidos por persoas adultas que estean contemplados no Real decreto 1148/2011, do 29 de xullo, para a aplicación e desenvolvemento, no sistema da Seguridade Social, da prestación económica por coidado de menores afectados/ as por cancro ou outra enfermidade grave.

– Situacións de IT motivadas pola situación física ou psicolóxica derivada da violencia de xénero.

– Situacións de IT por risco durante o embarazo ou durante a lactación.

NOVOS SUPOSTOS QUE NOS EQUIPARAN CO RESTO DE CORPOS FUNCIONARIAIS OU AUTORIDADES DO ÁMBITO XUDICIAL

Interrupción voluntaria do embarazo no primeiro trimestre por indución farmacolóxica. 

– Incapacidade temporal durante o tratamento de reprodución asistida. 

– Cardiopatías Isquémicas: Infarto agudo de miocardioAngina de peito estable,Angina de peito inestable

– Enfermidades de declaración obrigatoria do Real Decreto 2210/1995:

 Gripe, Botulismo, Brucelose, Cólera, Difteria, Disentería, Enfermidade Meningocócica, Febre amarela, Febres tifoidea e paratifoidea, Hepatites A, Hepatites B, Hepatites víricas e outras, Infección gonocócica, Legionelosis, Lepra, Meninxite tuberculosa, Paludismo, Parotiditis, Peste, Poliomielitis, Rabia, Rubeola, Rubeola congénita, Sarampión, Sífilis, Sífilis congénita, Tétanos, Tétanos neonatal, Tifus exantemático, Tos Ferina, Triquinosis, Tuberculose respiratoria, Varicela.

Mentres se tramita a modificación do Decreto 169/2013 conforme ó acordo firmado, a administración comprometeuse a paralizar dende xa o trámite de descontos nestes últimos supostos.

IT sen descontos1.png

 

Los comentarios están cerrados.