Fai xa mais de mes e medio, alá por mediados de marzo (con tres meses de antelación á entrada do horario de verán para que non valese a escusa da falta de tempo….), este sindicato presentou ante a DXX escrito solicitando unha das reivindicacións “históricas” do persoal ó servizo da Administración de Xustiza en Galicia.
Levamos anos insistindo na necesidade de manter o horario de entrada ao traballo as 07:30 horas tamén durante a xornada de verán, tal e como nos piden os compañeir@s, e tendo en conta que dita esixencia non prexudica en absoluto ó servizo, xa que en todo caso se mantería o horario de atención ao cidadán e aos profesionais, e que ademais, e o criterio máis razoable e lóxico, tendo en conta motivos como eficacia, conciliación da vida laboral e familiar, saúde laboral, etc…. (sobran explicacións). Sigue leyendo



















