SPJ-USO ANUNCIA MOBILIZACIÓNS

IMG-20170511-WA0001.jpgFai xa mais de mes e medio, alá por mediados de marzo (con tres meses de antelación á entrada do horario de verán para que non valese a escusa da falta de tempo….), este sindicato presentou ante a DXX escrito solicitando unha das reivindicacións “históricas” do persoal ó servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

Levamos anos insistindo na necesidade de manter o horario de entrada ao traballo as 07:30 horas tamén durante a xornada de verán, tal e como nos piden os compañeir@s, e tendo en conta que dita esixencia non prexudica en absoluto ó servizo, xa que en todo caso se mantería o horario de atención ao cidadán e aos profesionais, e que ademais, e o criterio máis razoable e lóxico, tendo en conta motivos como eficacia, conciliación da vida laboral e familiar, saúde laboral, etc…. (sobran explicacións).

Pois ben, xa non aceptamos mais excusas por parte da Dirección Xeral de Xustiza.

Nos últimos tempos, e no nome da malchamada crise, a excusa sempre é que non hai cartos …..; neste caso nin esa excusa nos vale porque o que estamos a pedir é unha mellora das nosas condicións laborais que non implica gasto nin perxuizo algún para a Xunta. Sólo é necesaria vontade de negociación, e por iso o que estamos a pedir e a convocatoria de mesas de negociación ó respecto para a modificación da normativa correspondiente.

O mesmo pasa coas prolongacións de xornada, onde levamos anos reclamando que os acordos de prolongación de xornada ditados durante a xornada de verán, reduzan a esixencia de horario de 40 horas semanais a 35. Por sentido común, se no horario de inverno é necesario aumentar o horario en media hora diaria para cumplir coa prolongación, non ten sentido que no verán, para cumplir coa mesma haxa que cumplir hora e medio a maiores, e ademais tendo en conta que a maioría das prolongacións son rotatorias entre tódolos funcionarios dos órganos xudiciais.

Respecto das Substitucións entre titulares e Quendas de Auxilio, levamos meses á espera dunha suposta mesa de negociación para modificación das correspondientes normativas. A administración comprometeuse cos sindicatos a negociar de novo substitucións e quendas dados os problemas e deficiencias demostrados da regulación actual. Pero tampouco estamos dispostos a esperar sine die por unha convocatoria de mesa que non chega….

Por todo o anterior decimos BASTA XA¡¡¡¡

Dende SPJ-USO advertimos á Dirección Xeral de Xustiza de que xa non estamos dispostos a que se sigan a rir das nosas condicións laborais e dos nosos dereitos, e se no prazo máximo de 15 días non temos avance algún nos temas anteriormente expostos, os cales consideramos “innegociables”, SPJ-USO e os traballadores da Xustiza galega INICIAREMOS UNHA CAMPAÑA DE MOBILIZACIÓNS NA DEFENSA DOS NOSOS LEXÍTIMOS DEREITOS.

As ditas mobilizacións non cesarán ata conseguir os nosos obxetivos.

Basta xa de falsas promesas e de desprecios ós dereitos dos funcionarios de Xustiza¡¡¡

Esiximos FEITOS, non palabras…

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.