Como sabedes por parte de SPJ-USO presentáronse senllos escritos ante a EGAP e a DXX solicitando a suspensión da orde de anulación dos cursos de Linguaxe Xurídica Galega, pois ben, recibimos unha notificación da DXX convocándonos a unha reunión da Mesa de Formación para tratar o tema, a cal tera lugar o vindeiro día 27 de xuño, coa seguinte orde do día:
«Informar da modificación na programación das accións formativas para os empregados públicos da Administración de Xustiza para o ano 2012.»
Dende SPJ-USO esperamos que a Administración atenda as nosas peticións, as cales reiteraremos na mesa convocada, e deixe sen efecto a anulación dos cursos.


















