Archivo diario: 05/04/2024

PUBLICADO NO DOG!!! APERTURA DE SOLICITUDES DE TRAXECTORIA PROFESIONAL – GRADOS 1 E 2!!!

NO DOG DE  05/04/2024 PUBLíCASE:

Resolución do 25 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 8 de febreiro de 2024 polo que se aproba o acordo acadado o 17 de xaneiro entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF e CCOO para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza.

🔗 Carreira Profesional 2024 – Doga – pdf

📆 O prazo para a presentación das solicitudes comeza o luns 08.04.2024 e será de 30 días hábiles, ata o  21 DE MAIO de 2024 incluído.

✍️ Desta vez o acordo sí foi firmado por tódalas organizacións sindicais, excepto a Ciga.

🔴 Destinatarios: Persoal que polo motivo que fose, non cumpría os requisitos nas convocatorias de 2020 e 2022 e agora si os cumplen.

👉 Os graos extraordinarios I e II, en calquera dos corpos, adquirirase no corpo no que se teña a condición de persoal funcionario (de carreira ou interino) o día 📆 31 de marzo de 2024.

🪙 PAGO: producirase de maneira progresiva en 3 anualidades, con efectos económicos do 1 de abril de 2024 e do 1 de xaneiro dos restantes anos, coa distribución seguinte para todos os corpos:
☑️ En 2024 o 33 %
☑️ En 2025 o 66 %
☑️ En 2026 o 100 % do grado.

👉 Queda excluído do acceso a este réxime extraordinario o persoal que xa tivese recoñecido algún grao da traxectoria profesional na convocatoria de 2022.

🔴 REQUISITOS: Estar en SERVIZO ACTIVO ou SITUACIÓN CON RESERVA DE PRAZA, TER 5 OU 11 ANOS DE ANTIGUIDADE A 31/3/2024 e CUMPRIR UN DOS CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN DO ART. 4 DO ACORDO (Caso de FORMACIÓN RECIBIDA: 40 OU 80 HORAS).

🔴 SOLICITUDES: Mediante o formulario electrónico dispoñible na OPAX 👇👇

VER PUBLICACIÓN COMPLETA NO DOGA 👇👇

🔗 Carreira Profesional 2024 – Doga – pdf

🔗https://www.xunta.gal/dog/Publicados/traxectoria I_II_gl.html