
RESOLUCIÓN DO MINISTERIO DE XUSTIZA DE 13 DE ABRIL DE 2020 POLA QUE SE ADAPTA A PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DA XUSTIZA Ó REAL DECRETO 487/2020,DE 10 DE ABRIL
Pincha e accede á resolución do Ministerio de Xustiza.
Resolución definitiva e firmada, aplicable nalgúns aspectos á Xustiza galega, e con data de entrada en vigor o MÉRCORES 15 DE ABRIL
Referente ós servizos mínimos estamos á espera da Resolución que dicte a Dirección Xeral de Xustiza, que en todo caso se dictará non antes de mañá martes 14, e será aplicable a partires do mércores 15.
Polo anterior, para o día de mañá martes 14, os servizos mínimos serán os mismos que ata agora, en xeral de “dispoñibilidade”.
Dende SPJ-USO estamos presionando á Xunta de Galicia para que se manteñan únicamente nos seus postos de traballo as persoas absolutamente imprescindibles, e seguimos defendendo que os servicios esenciais da Administración de Xustiza deben cubrirse de forma maioritaria no réxime de DISPOÑIBILIDADE para así conseguir ganar a batalla ó virus.
En todo caso esixiremosa dotación dos EPIs correspondientes para os funcionarios en réxime presencial, e esperamos que a Xunta de Galicia, como así se acordou noutros territorios, acorde uns servizos mínimos inferiores ós acordados no territorio Ministerio, ante a falta de consenso entre os diferentes territorios.
Accede á resolución do Ministerio de Xustiza.
Manterémosvos puntualmente informados!!!


















