
No día de onte este Sindicato, presentou escrito solicitando a convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Xustiza.
Debido á situación sanitaria en Galicia, na que se incrementaron o número de casos positivos na nosa Comunidade, SPJ-USO solicita que se adopten unha serie medidas urxentes e necesarias para evitar o contaxio dos funcionarios á volta do período de vacacións.
Desde SPJ-USO, consideramos que a saúde é o mais importante neses momentos e quere evitar que os funcionarios corran riscos innecesarios ante esta Pandemia de Covid 19.
Se adjunta PDF.-


















