SPJ USO REXEITA TOTALMENTE O NOVO BORRADOR DA BOLSA DE INTERINOS

A DXX CONVOCA UNHA MESA SECTORIAL DECISORIA  PARA O DIA 17 DE XULLO  E DAR POR NEGOCIADO O BORRADOR DA BOLSA DE INTERINOS 

Fai uns días a DXX remitiu un novo borrador de bolsa de interinos sen case variacións con respecto o anterior (inclusión de canles de comunicación entre Administración e Sindicatos, da formación complementaria como baremo e rebaixa do tempo de conxelación dos interinos de 6 a 4 meses).

Ante esta situación de intento de cambio de modelo por parte da Xunta de Galicia as organizacións sindicais presentes na mesa de negociación de forma unida, excepto a CIG, remitimos un borrador alternativo basado na bolsa actual a que consideramos a mais transparente e a que mellor funciona do Estado, onde as regras de nomeamento e ceses son claras e de fácil control externo e onde traballan tanto os interinos veteranos coma os de nova incorporación.

Na primeira reunión a Dirección Xeral trasladou que ese cambio de modelo debíase, sobre todo, a dúas deficiencias que observaban na bolsa (o excesivo número de suspensións e a non aplicación das normas da bolsa aos baremados). Ámbalas dúas, tal e como lles trasladamos, son facilmente corrixidas mudando varios artigos da actual bolsa. Non podemos entender que se desbote, con tanta facilidade, un modelo de bolsa que nestes anos comprobouse a sua eficacia e transparencia, o cal foi pulido nas distintas mesas de negociación durante anos ata chegar a actual por un sistema similar ao da Xunta pero sen a sua característica mais salientable, e que na sua bolsa manteñen e coidan que os interinos veteranos traballen de forma continua en detrimentos das novas incorporacións.

As características mais salientables deste novo borrador son as seguintes:

1) Existirá so unha bolsa sen limite no número de membros, organizada por corpos e provincias, na cal poden integrarse novos membros nas sucesivas actualizacións de méritos.

2) Será preciso pagar unha taxa, sen especificar a cantidade, para presentar a solicitude.

3) Considérase acreditada a experiencia de procesador de textos, tanto para xestión como para tramitación ao persoal funcionario dos grupos A2 e C1 de calquera administración.

3) Os interinos que leven mais dun ano traballando na bolsa (pode ser de forma continua ou non) e cesen pasarán ao final da bolsa e estarán conxelados durante 4 meses. Transcorrido ese período volverán as súas posicións iniciais na bolsa.

4) Os interinos que cumpran 3 anos nun posto serán cesados automaticamente e en todo caso.

5) As persoas que se atopen en suspensión na bolsa durante dous anos serán expulsadas.

En consecuencia a aplicación desta bolsa, tal e como esta redactada neste borrador, e prexudicial non so para interinos senón para os titulares dado que as oficinas recibirán sistematicamente persoal que terán que formar dada a sua inexperiencia, e verán como os mesmos, unha vez formados, son relegados ao final da bolsa.

Desde SPJ USO rexeitamos totalmente este borrador que se intenta impoñer unilateralmente, sen negociación real, dende a Xunta de Galicia, ademais cun afán recaudatorio inaceptable dado que se intenta cobrar unha taxa a persoas que so buscan traballar e poder gañarse a vida. Varios interinos veteranos tamén nos trasladaron a sua intención de buscar alternativas de traballo en bolsas doutras Administracións, empregando os tempos de suspensión que a bolsa permite o que provocará unha perdida de persoal formado e valioso, situación que non sufre a Xunta de Galicia debido a normativa da sua bolsa.

Ante este sistema a todas luces ineficiente e pouco productivo solicitamos a DXX unha negociación real con sucesivas mesas de traballo que permita chegar a unha normativa consensuada beneficiosa para todas as partes.

 

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.