SPJ-USO LOGRA QUE AS GARDAS DO 24 E 31 DE DECEMBRO SE COMPENSEN EN TODO CASO CON UN DÍA ADICIONAL DE ASUNTOS PARTICULARES

📢🔊 NOVO LOGRO DO SINDICATO MAIORITARIO, SPJ-USO Galicia.
Seguimos mellorando os dereitos de tódol@s traballador@s da xustiza galega…‼️

Tralas múltiples xestións realizadas por este Sindicato SPJ-USO en exclusiva (pronto aparecerán algún atribuíndose o logro, ó que xa estamos acostumados…), para rematar coa DISCRIMINACIÓN que viñan sufrindo os funcionarios das vilas que estaban de garda de dispoñibilidade os días 24 e 31 de decembro, e ós que a pesar da súa dispoñibilidade, a administración nos últimos anos sólo lles concedía un día de permiso a maiores como compensación se tiñan que ir “efectivamente” ó xulgado ese día, logramos poñer fin á dita inxustiza.

⭕👉 Pois ben, a dispoñibilidade non cabe dúbida que “hai que pagala”, e a redacción da norma non deixa lugar a dúbidas, por eso, con esas armas, este sindicato loitou para conseguir este novo avance, e a DXX ven de confirmarnos que, accedendo á nosa solicitude, CALQUER FUNCIONARIO QUE ESTÉ DE GARDA O DÍA 24 OU 31 (sexa de dispoñibilidade ou permanencia) TERÁ DEREITO A UN DÍA DE PERMISO POR ASUNTOS PARTICULARES A MAIORES.

👉 Lembramos que a RESOLUCIÓN DE 8/4/2009 que regula os permisos e licencias establece no seu artigo 3 que: “Los funcionarios que estén de guardia el día 24 o el día 31 de diciembre, a no ser que coincidan en sábado o domingo, tendrán derecho a un día más de asuntos particulares” sen diferenciar entre gardas de permanencia e dispoñibilidade, e por iso loitamos contra a interpretación discriminatoria que facía a DXX nos últimos anos, tendo ademais en conta que para outros colectivos (exemplo forenses) a DXX si concedía o permiso por garda de dispoñibilidade, e polo tanto dende SPJ-USO non podíamos permitir semellante agravio e atropelo dos nosos dereitos.

⭕👉 Para a solicitude do día de permiso a maiores, debe facerse a través da OPAX como “PERMISO POR AUSENCIA DO POSTO DE TRABALLO” e en observacións “garda día….”.

🥳🥳 Parabéns compañeiros‼️

Los comentarios están cerrados.