SPJ-USO ESIXE, A TRAVÉS DA PRENSA NESTE CASO, O INMEDIATO REPARTO DAS PRAZAS DE GARAXE NOS EDIFICIOS XUDICIAIS DE A PARDA (PONTEVEDRA)

SPJ-USO ESIXE DE NOVO, nesta ocasión a través dos medios de comunicación, O INMEDIATO REPARTO DAS PRAZAS DE GARAXE NOS EDIFICIOS XUDICIAIS DE A PARDA.

👉 Pontevedraviva https://www.pontevedraviva.com/xeral/68379/reclaman-reparto-plazas-garaje-edificios-judiciales-parda/

👉 Faro de Vigo https://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2020/10/15/denuncian-300-plazas-garaje-juzgados/2354300.html

👉 Accede ó publicado en Diario de Pontevedra

👉 Accede ó publicado en A Voz de Galicia

TRANSCURRIDO MAIS DE UN ANO DENDE A INAUGURACIÓN DO NOVO EDIFICIO XUDICIAL, E REMATADAS AS OBRAS, PRETO DE 300 PRAZAS DE GARAXE SEGUEN “SECUESTRADAS” POLA INCOMPETENCIA e DESIDIA DA ADMINISTRACIÓN.

Mentras tanto, mais de un ano despois da “flamante” inauguración, os traballadores de ámbolos edificios xudiciais dan voltas arredor dos edificios en  busca dunha prezada praza de aparcamento. O anterior agravado polo feito de que só algúns “afortunados”  pola “sorte” (eso si, unha minoría) con tarxeta para acceder ó mesmo, poden desfrutalo e a meirande parte dos traballadores “búscanse a vida”.

Nos últimos tempos, e tralo remate total das obras no aparcadoiro do novo edificio, as portas do mesmo estaban abertas a fin de que os funcionarios poidesen aparcar, conforme se tiña falado, a pesares de non estar feito o reparto definitivo das prazas, mais as “novas ordes” dos últimos tempos rompen o compromiso de aparcamento provisional para tódolos traballadores da xustiza, e levan ó peche do portal, provocado polos enfrontamentos entre os diferentes cargos na administración, os caprichos clasistas da xuiz decana, e a ausencia dun superior que fixe un criterio no caso de discrepancia,  e as prazas volven a estar baleiras á espera de poder ser utilizadas.

Numerosos xuizos e actuacións procesuais xa sufriron retrasos pola imposibilidade de aparcar dos diferentes traballador@s da xustiza pontevedresa, así como dos xusticiables.

Os veciñ@s e cidadáns que acuden á xustiza pontevedresa tamén se ven claramente perxudicados pola incompetencia da administración, pois de aparcar os traballador@s da xustiza no aparcamento que se fixo ó efecto, as prazas de garaxe da rúa quedarían libres para os usuarios de ámbolos edificios xudiciais, así como para os veciñ@s, que tamén se consideran gravemente perxudicados pola ausencia de prazas de aparcamento.

SPJ-USO esixe á DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA,  que exerza as súas competencias, dada a negativa da Xuiz Decana (á que hábilmente lle pasaron a “papeleta” para desentenderse do reparto…..) e proceda a facer un reparto inmediato de prazas.

En fin…. este sindicato SPJ-USO co apoio dos traballadores tomará as medidas procedentes se nun breve espazo de tempo non recibe comunicación positiva á súa solicitude de reparto defintivo e inmediato das prazas de garaxe actualmente desocupadas e apertura do garaxe para os traballador@s.

Tendo en conta que no novo edificio hai 233 prazas (289 contando as prazas do vello edificio en obras) e que entre ambos edificios traballan 390 persoas (computando funcionarios, laborais, seguridade, etc) cremos dende SPJ-USO que non debería haber problemas no reparto de prazas é ó mesmo tempo non debería haber problemas de aparcamento nas inmediacións de A Parda nin para traballador@s, nin como consecuencia para os xusticiables e veciñ@s, dado que quedarían as prazas do exterior libres para eles.

Polo que SPJ-USO, tralos múltiples escritos e xestións infructuosas ó respecto, esixe públicamente que a Dirección Xeral de Xustiza, e concretamente o seu Director Xeral, que exerza as suas competencias, tome decisións, e poña fin ó abandono no reparto das prazas que se está a producir polos diferentes intereses e “caprichos” e a inexistencia de instruccións firmes ó respeto.

Basta xa!!!.

Los comentarios están cerrados.