RESUMO DA NOVA NORMATIVA DE COMISIÓNS DE SERVIZOS PUBLICADA O 25/3/22

COMISIÓNS DE SERVIZOS – PUBLICADA NO DOGA DE 25/3 A NOVA NORMATIVA QUE REGULA AS COMISIÓNS DE SERVIZOS, APOIADA E IMPULSADA POR SPJ-USO.

RESUMO DA NOVA NORMATIVA:

Requisitos dos solicitantes: O persoal que estéa noutra Comisión ou substitución deberá levar alomenos 6 meses na mesma.

Prazo de solicitudes: 5 días hábiles; a través da OPAX, adxuntando Informe preceptivo e non vinculante da persoa responsable do órgano de destino, así coma no seu caso, informe favorable do Ministerio de Xustiza ou órgano competente da comunidade autónoma.

Adxudicacións provisionais: publicaranse na intranet; recurso en 3 días hábiles.

Adxudicacións definitivas: publicaranse logo do prazo de recurso ás adxudicacións provisionais, e cabe recurso de reposición. Sinalarán a data de incorporación efectiva á nova praza.

NOVIDADES E DIFERENCIAS BÁSICAS ENTRE  AS

COMISIÓNS DE SERVIZOS E AS SUBSTITUCIÓNS

COMISIÓNS DE SERVIZO

SUBSTITUCIÓNS

As prazas cubrense por funcionarios do mesmo corpo, en HORIZONTAL. As prazas poden cubrirse en VERTICAL (funcionarios do corpo inmediatamente inferior) ou en HORITONZAL (mesmo corpo), tendo preferencia as substitucións verticais.
Falecemento, perda da condición de funcionario (incluída xubilación), excedencias, servizos especiais, prazas de nova creación, prazas vacantes e desertas no concurso de traslados e liberación sindicais. Licencias (incluídas licencias por enfermidade) e permisos de larga duración, prazas non ocupadas tras ser ofertadas a comisión e prazas desocupadas por estar o seu titular en comisión de servizos.
Para funcionarios en servicio activo do mesmo corpo e de calquera ámbito territorial. Para funcionarios en servicio activo destinados en Galicia e que posúan a titulación do corpo a substituir.
PREFERENCIA:

Primeiro: Supostos excepcionais do artigo 16 da orde (violencia, acoso, etc).

Logo os mesmos criterios que nun concurso (antigüidade + galego); caso de empate acúdese ó escalafón.

 

PREFERENCIA:

Primeiro: O mesmo órgano.

Segundo: VERTICAL no mesmo CENTRO DE DESTINO, LOCALIDADE E PARTIDO XUDICIAL.

Terceiro: HORIZONTAL MESMO CENTRO DE DESTINO, LOCALIDADE E PARTIDO XUDICIAL.

 

Nos casos de empate prima sempre o mellor posto no escalafón.

DURACIÓN: UN ANO, prorrogable por outro. DURACIÓN: dependendo do caso.
RENUNCIAS: Unha vez adxudicada a praza, a renuncia penalízase durante os 6 primeiros meses, coa imposibilidade de acceder a nova comisión nin substitución durante UN ANO.

 

Los comentarios están cerrados.