RESULTADO DA REUNIÓN INFORMATIVA COA DXX SOBRE A IMPLANTACIÓN DA FASE III 2026

Rematada a reunión informativa online coa dirección xeral de Xustiza sobre o resultado da Conferencia Sectorial e sobre a planificación da implantación da fase III NUMO en Galicia o resultado de maneira resumida foi o seguinte:

  1. O director Xeral confirmounos que non se suspende a implantación da NUMO fase III, agás no caso de Asturias (Oviedo, Xixón e Avilés) que teñen unha ampliación ata o 15 de febreiro.
  2. Con respecto a implantación manifestou que non será inmediata en Galicia, plantexándose unha entrada  gradual ata o 31 de marzo en varias fases, en concreto 4, iniciándose pola denominada fase crítica con data o 31 de decembro para localizar os LAJs e funcionarios que cambian de xurisdicción e área, os de garda, os de instrución e os de VSM. Todo esto a efectos de permisos e accesos os módulos (minerva) dese persoal o novo destino que teña según os protocolos. O día 31 de decembro persoal da Amtega estará comprobando todos estos permisos para evitar disfuncións no caso deste persoal «crítico»
  3. A fase 2 sería para o persoal  (LAJs e funcionarios) destinados no Servicio Común Xeral. Fase 3 sería para o persoal del Tribunais de Instancia decantándose por facer esta fase por cidades, inda que non está cerrado o tema. A fase última sería para as Audiencias Provinciais e os TSXG por ser os que menos cambios sofren. Todo isto virá reflexado nun cronograma que trasladarán as OOSS en canto o teñan totalmente definido.
  4. Manifesta o dxx que inicialmente o día 2 de xaneiro non haberá cambios físicos de posto de traballo, faránse gradualmente ata o día 31 de marzo mantendo os mesmos permisos e accesos que tiñan ata agora. No caso da cidade de Ourense onde o coordinador fixou para os días 26,29 e 30 de decembro  a mudanza,  manifestou que «falará» co coordinador para que «bote o freno».
  5. Con respecto as funcións do copo de auxilio nesta implantación, manifestou o director Xeral que van valorar cómo se fai a «mudanza» dos expedientes físicos, escritos e comunicacións en soporte papel en función do seu número.  SPJ-USO exisiulle a paralización inmediata desta «mudanza» camuflada coma porteo.
  6. A subdirectora xeral confirmounos que na nómina de xaneiro aboarase  os 90 euros correspondentes  a parte proporcional do complemento acordada para o ano 2026, así como a suba do 4% correspondente parte estatal do IPC. A maiores noutra nómina a mediados de xaneiro os atrasos correspondentes o 2.5% pendente do ano 2025.

Manterémosvos puntualmente informados.

 

 

Comentarios cerrados.