A Secretaría de Estado de Xustiza ven de dictar resolución que desenvolve os servizos mínimos, aplicable de maneira directa á Comunidade Autónoma Galega e ós seus funcionarios de Xustiza.
A dita resolución establece que quedan excluídas dos turnos rotatorios de servizos mínimos as persoas que padezan patoloxías susceptibles de agravarse polo COVID-10:
- DIABETES
- ENFERMIDADE CARDIOVASCULAR (INCLUÍDA HIPERTENSIÓN)
- ENFERMIDADE HEPÁTICA CRÓNICA.
- ENFERMIDADE PULMONAR CRÓNICA.
- ENFERMIDADE RENAL CRÓNICA.
- ENFERMIDADE NEUROLÓXICA OU NEUROMÚSCULAR CRÓNICA.
- INMUNODEFICIENCIA.
- EMBARAZO.
- POSPARTO (INFERIOR A 6 SEMANAS)
- CÁNCER
- Tamén quedarán excluídos os funcionarios que se encontren na situación de permiso por deber inexcusable para a atención de menores ou maiores a cargo.
- Ollo!!! A pesar das malinformacións que se están a difundir, e das solicitudes sindicais ó respecto, A RESOLUCIÓN NON EXCLÚE ÓS FUNCIONARI@S MAIORES DE 60 ANOS.
Accede á resolución ditada premendo:
Resolución SdE Desarrollo Servicios Esenciales 16.3.20


















