Pola Dirección Xeral de Xustiza (Director Xeral de Xustiza), comunícannos a seguinte nota informativa de recordatorio e que se vai a colgar na Intranet de Xustiza.
NOTA INFORMATIVA
Prazo posesorio concurso de traslados 2019:
Recórdaselles as persoas cuxo prazo posesorio se viu afectado polo establecido na D.A. 3ª do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e que non formalizaron a toma de posesión no prazo inicialmente establecido, que, de conformidade coa nota publicada polo Ministerio de Justicia na súa páxina web o día 19.03.2020, deben dirixir unha comunicación a través de correo electrónico a súa Xefatura Territorial de destino na que se inclúan os datos que se mencionan na citada nota.
Para realizar a devandita comunicación, utilizaran o modelo facilitado polo Ministerio que se atopa dispoñible na seguinte páxina web:
Documentos asociados:
- Solicitude alta nómina concurso durante COVID (doc. 2.1MB)
- NOTA PRAZO POSESORIO CONCURSO 2019 (PDF. 778KB)
Deberán enviala a súa Xefatura Territorial, nos seguintes enderezos electrónicos:
A Coruña: servizo.xustiza.coruna@xunta.gal
Lugo: personal.presidencia.lugo@xunta.es
Ourense: sxsal.xustiza.ourense@xunta.gal
Pontevedra: servizoxustiza.vi@xunta.es


















