VER NOTA INFORMATIVA SPJ-USO, logo de que moitos compañeiros e compañeiras se puxeran en contacto con nós para protestar sobre a concesión “discrecional” dunha serie de prolongacións de xornada, ven de esixir a Dirección Xeral de Xustiza as explicacións pertinentes. A contestación da DXX foi a seguinte:
- As prolongacións que xa estaban concedidas con anterioridade, van seguir ata ao mes de setembro, nas mesmas condicións que ata agora
- A maiores, e según manifestan, a instancias das Jefaturas das propias Fiscalías, a partir deste mes e igualmente ata o mes de setembro, concedéronse prolongacións de xornada a favor dos titulares dos postos específicos, asegurando a DXX, que non se trata de compensación algunha por non facer gardas.
SPJ-USO expresa o seu rexeitamento a que as de prolongacións de xornada se acorden cun criterio pouco claro, defendendo:
- Que as prolongacións de xornada deben ser accesibles a todos os funcionarios da unidade correspondente.
- Que non poden ser solución definitiva, nin siquera parcial, a problemas derivados da falta de persoal suficiente, que se ten que resolver mediante as ampliacións de plantilla que correspondan
- Que xa advertimos e loitamos no seu día para que o acceso a postos singularizados, que supoñen unha maior responsabilidade, fose suficientemente compensado no complemento específico, máxime cando, sen motivo, ditos postos quedaron excluidos de poder facer gardas, o que en moitos casos, derivou en que os titulares de ditos postos perderan retribucións.
Seguimos insistindo en que a propia DXX deixou, no seu día aberta a posibilidade de que os titulares de postos singularizados puidesen facer gardas, polo que entendemos que só compre modificar a RPT nese sentido. Do contrario, terá que ser a propia DXX a que ofrezca solucions retributivas alternativas, que non poden pasar por concesións discreccionais de prolongacións de xornada, que non solucionan o problema e que poden ser removidas cando lle interese a Administación.
Por outra banda, os compañeiros e compañeiras tamén mostraron a súa preocupación pola noticia de que se elaborando o manual de postos de traballo, sen contar cos traballadores nen cos seus lexítimos representantes que somos os sindicatos. Pola DXX se manifesta que se está a traballar nun “manual de procedemento” relativo a forma de tramitar, sen que, según eles, fale en modo algún nin de postos de traballo nin de funcions.
SPJ-USO, como sindicato maioritario na Xustiza galega, non vai permitir que ningún documento, se chame como se chame, que afecte as condicions de traballo do persoal, se implante ou aprobe sen negociarse previamente cos representantes dos traballadores no foro correspondente, que non e outro que a mesa sectorial de Xustiza, e levaremos a cabo as accións xudiciais ou de calquera outra índole que sexan necesarias para acadar o noso obxectivo.


















