PRINCIPAIS NOVIDADES NA FUTURA NORMATIVA DE SUBSTITUCIÓNS

PRINCIPAIS NOVIDADES Na FUTURA NORMATIVA DE SUBSTITUCIÓNS QUE SE ESTÁ A NEGOCIAR (ÚLTIMA XUNTANZA O XOVES 7/4) E ALEGACIÓNS DE SPJ-USO.

Trala negociación e publicación no DOGA da normativa ó fin de Comisións de Servizo, e por estar directamente relacionadas, estase a negociar unha nova normativa de Substitucións que substitúa á normativa de 2009 e modificacións posteriores da mesma.

Na futura norma, SPJ-USO solicitou que se elimine o requisito de levar un mínimo de 6 meses no posto (tampouco se esixe nas Comisións de Servizos). O que si se esixirá será levar 6 meses no posto se estás a desempeñar outra Substitución ou Comisión de Servizos.

PREFERENCIA: SPJ-USO solicita que a preferencia veña determinada nas substitucións polos seguintes criterios:

  1. Terá preferencia o funcionario que esté destinado no mesmo órgano e centro de destino (conforme ó artigo 74 do regulamento), eliminándose a preferencia da localidade e partido xudicial existente actualmente a solicitude de varias organizacións sindicais.
  2. De non haber solicitantes no mesmo centro de destino, a preferencia virá determinada pola antigüedade e o escalafón.

Quedará regulado na nova normativa que a obtención dun novo destino definitivo en Concurso de Traslados será causa de cese nas substitucións, conforme xa se estaba a facer na práctica conforme ós criterios e instruccións dos diferentes concursos de traslados.

A renuncia a unha substitución será penalizada coa imposibilidade de pedir outra Substitución ou Comisión de Servizo no prazo de UN ANO.

SPJ-USO plantexou na mesa como alegación, que para evitar perdas de tempo innecesarias e evitar dilatar a cobertura das prazas desocupadas, que cando se publiquen comisión de servizos, se publiquen con carácter subsidiario as mesmas prazas a substitución, evitándose así que as prazas que non se cubran en comisión de servizo, teñan que sair de novo a substitución (coa dilación temporal que implica), tendo ademais en conta, que as prazas que non se cubran en Comisión de servizo, por exemplo no corpo de Auxilio, nunca se van cubrir tampouco en Substitución pois sempre sería unha substitución horizontal (equivalente a unha comisión de servizo). De publicarse ó mesmo tempo en Comisión e subsidiariamente en substitución, as prazas que non se cubran, sairían de inmediato para a súa cobertura por interinos, e evitaríanse dilacións innecesarias.

Manterémosvos puntualmente informados!!!

 

 

Los comentarios están cerrados.