PERMISO PARA ACUDIR Ó EXAME DO 2 DE MARZO (EXAMES FINAIS E PROBAS DEFINITIVAS DE APTITUDE)
ℹ➡ Ante as múltiples malinformacións que están circulando, ACLARAMOS: 👇
🔴 Para aqueles traballador@s que se examinen fóra de Galicia, débese solicitar na OPAX, no apartado de permisos, o permiso correspondente a «Exames finais e demais probas definitivas de aptitude», concedéndovos o venres 1 de marzo (dia previo ó exame).
➡ A duración é a dos días de realización, máis os necesarios para viaxar se se realizan fóra da CCAA.
📣 Deberase xustificar a asistencia aos exames e demais probas dentro do prazo dos quince días seguintes á súa realización co certificado de asistencia que vos darán unha vez terminado o exame na sede correspondente.


















