LETRADOS ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA: CONVOCATORIAS EXAMEN ORAL PROMOCIÓN INTERNA

Publicada en la página web del Ministerio de Justicia Acuerdo del Ministerio de Justicia donde se convocan para examen oral a los opositores, Orden PJC/215/2024, de 20 de febrero Letrados Promoción interna.

Este calendario está sujeto a cambios en relación a la disponibilidad de los espacios donde se realizarán los ejercicios orales.

Para cualquier duda o incidencia, pueden contactar a través del correo seleccion.laj@mjusticia.es​​​

LISTAXE PROVISIONAL DE ADXUDICACIÓN DO CORPO DE XESTIÓN QUENDA LIBRE ORD. JUS/1254/2022 EN GALICIA

A DXX acaba de achegar a listaxe provisional das adxudicacións dos destinos aos/ás funcionarios/as do corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de Xustiza (quenda libre), que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

ACCEDE A LISTAXE PICA AQUÍ

PROGRAMA DE AUTOFORMACIÓN E PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS COMDIX

No DOG de hoxe, 2 de septembro, publícase  a convocatoria do Programa de autoformación e das probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix no seu nivel de iniciación.

1. As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web do CeMIT: https://cemit.xunta.gal
2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

3. O prazo para a inscrición estará aberto para as dúas (2) edicións a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e irase pechando secuencialmente para cada unha das edicións co obxecto de permitir que as persoas interesadas que non resulten seleccionadas na primeira edición poidan inscribirse na seguinte convocatoria:
Edición de outubro: ata o 18 de setembro, inclusive.
• Edición de novembro: ata o 18 de outubro, inclusive.

Toda a información sobre este certificado ComDix atópase na páxina web:  https://competenciasdixitais.xunta.gal/

▶▶  Accede ó contido íntegro da convocatoria no DOG aquí.

SPJ USO DENUNCIA A ELIMINACION DO REFOZO NO XULGADO DE VIOLENCIA EN CARBALLO‼️

SPJ USO DENUNCIA NA VOZ DE GALICIA A ELIMINACION DO REFOZO NO XULGADO DE VIOLENCIA EN CARBALLO‼️
▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

ℹ️➡️ O sindicato SPJ-USO, maioritario na Administración de Xustiza, denuncia a través do seu delegado, Roberto Andrade, a decisión de non prorrogar o contrato da funcionaria de reforzo que levaba uns meses prestando os seus servizos no Xulgado de Violencia contra a Muller en Carballo.

🔴 Lamenta o delegado a decisión «unilateral, sen fundamento e discrecional» tomada polo Director Xeral de Xustiza, José Tronchoni, a pesar de que «todos os operadores implicados (xuíces, letrados e o sindicato maioritario) solicitaron a prórroga da funcionaria».

🔴 SPJ USO comunicou a DXX a través de escrito, vai mais dunha semana, que esta decisión iba a incrementar a grave situación do xulgado. Este reforzo cumple, con creces, os criterios establecidos no art. 4.2 e art. 19 da ORDE do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais

🔴Este era un dos temas que se ía a tratar na reunión cancelada UNILATERALMENTE E SEN MOTIVO polo Director xeral fixada para o dia 23/07/2024. Manter unha boa comunicación entre a Administración e sindicatos é fundamental para un bo funcionamento dado que a persistencia de problemas recorrentes nos órganos xudiciais entorpecen a xestión, drenan enerxías e recursos, e crean un mal clima laboral.

▪️ Noticia completa:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2024/08/29/critican-eliminacion-refuerzo-juzgado-violencia-contra-mujer-

RECIBIDA NÓMINA DE AGOSTO

spjinforma

RECIBIDA A NOMINA DE AGOSTO NO CORREO ELECTRÓNICO

 

👉Xa está dispoñible no voso corrreo electrónico, así como a través do CIXTEC a nómina deste mes.

👉A continuación deixámosvos relación detallada dos conceptos retributivos e as cantidades que deben aparecer reflexadas nas vosas nóminas actualmente. ⤵

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO – 2024 ⤵

🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/upls/2024/07/RETRIBUCIONS-CXPA-CTPA-e-CAX-XULLO-2024.pdf

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS M. FORENSES 2024 ⤵

🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2024/07/RETRIBUCIONS-FORENSES-XULLO-2024.pdf

🔴 Accede á Orde de confección de nóminas 2024 ⤵

🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2024/07/ORDE-do-11-de-xullo-de-2024-pola-que-se-ditan-as-instrucions-sobre-a-confeccion-de-nominas-1.pdf

Para calquera dúbida ou aclaración podes contactar cos delegados sindicais de SPJ-USO.

SPJ-USO:Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!! FEITOS, non palabras!!!