A reunión que mantivemos onte coa Administración abriuse cunha cuestión previa: A consolidación de 17 prazas de reforzo en distintos órganos da nosa comunidade. Valoramos o esforzo realizado que permitirá a súa inclusión no próximo concurso de traslado pero por outra parte lamentamos que non tivesen sido máis, concretamente, todas as que leven máis de dous anos como reforzo. O Director Xeral de Xustiza pídenos tempo para estudar caso por caso para asegurarse con carácter previo á conversión destas prazas que efectivamente non respondan a situacións puntuais. Deste modo e co fin de facilitarlle este labor presentaremos unha relación das devanditas prazas e así, a pesar de que no inminente concurso de traslado non se poderán incluír por falta de tempo, polo menos intentaremos que saian en comisión de servizo coas prazas para cubrir os órganos de nova creación da programación deste ano 2010. Son moitos os compañeiros galegos que se encontran lonxe desta terra e por eles e por unha Xustiza Profesional debemos xuntar esforzos para que antes de final de ano a Xunta de Galicia transforme en prazas fixas todos aqueles reforzos que por dilatarse no tempo non deben ter esa consideración.
Tras a cuestión indicada, aprobáronse os artigos do 11 ao 13 do Regulamento de Unidades Técnico Administrativas sen maiores incidencias e, proximamente, unha vez déannos traslado do texto coas emendas que se incorporaron darémosvos conta. Non obstante, non entramos no tema crucial da negociación, “EQUIPOS” E “RPT’s”. A nosa postura foi entrar niso e poñer sobre a mesa algúns DATOS básicos: Equipo exacto destas unidades en cada cidade en que se implantará con concreción das funcións atribuídas e determinación do complemento específico ligado ás RPT’s con propostas concretas que nos sitúen a nivel retributivo na media española. A Administración, dado que as RPT’s, non se encontran incluídas no texto dos borradores dos Decretos das Unidades Técnicas, evita entrar niso, convocándonos a próxima semana, Día 11 de marzo, a un novo grupo de traballo para iniciar o estudo do borrador do Decreto polo que se constitúen os “servizos comúns procesuais xerais da Administración de Xustiza” e así, unha vez acabemos con ambos os dous decretos, entrar co tema indicado de EQUIPOS e RPT’s.
OUTRAS CUESTIÓNS:
* Xulgados de FERROL: Por fin! . Unha vez obtidos todos os permisos, a Xunta comezará nos próximos meses as obras de rehabilitación nos Xulgados da cidade. Desta forma verán a luz as moitas reclamacións que dende SPJ-USO, levamos facendo nos últimos anos á Administración, para paliar as deficiencias que presentaba o vello edificio, no que, as humedades, falta de espazo e “ameaza de ruína”, acompañaban no día a día os nosos compañeiros.
INTERINOS: Vistas as reclamacións efectuadas ás baremaciones publicadas da xente que fora no seu día excluída, a Administración pretende publicar nos próximos días/semanas, as listas definitivas, logo de reunión con sindicatos e persoal das Delegacións, para discutir aqueles casos nos que puidese haber distintos criterios interpretativos, por iso, ao igual que xa fixestes algúns, se tedes calquera problema ou dubida con este tema ben porque vos seguen excluíndo ou non vos baremaron correctamente, facédenolo chegar o antes posible para estudar a situación e poder defendervos mellor. A reunión celebrarase en principio a falta de convocatoria formal, a próxima semana.