MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DO 11/7/2019. ORGANOS DE NOVA CREACIÓN E CREACIÓN DE PRAZAS.

Ver las imágenes de origen

Pola Dirección Xeral de Xustiza convócase Mesa Sectorial de Xustiza hoxe, xoves, 11 de xullo de 2019 co seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta de 25/10/2017
  2. Creación de novos xulgados e dotación de persoal
  3. Resolución pola que se convoca a provisión en comisión de servizo, de forma temporal e por petición do interesado, de postos de traballo nos órganos de nova creación.
  4. Creación de prazas.
  5. Rolda de intervencións.

ORGANOS DE NOVA CREACIÓN

Como xa é sabido neste ano 2019 créanse en Galicia tres novos Xulgados: 1ª Instancia nº 14 de A Coruña, Social nº 4 de Santiago de Compostela e Social nº 6 de Vigo. Conforme a Dirección Xeral a ubicación de dotación de persoal destes Xulgados será a seguinte:

1.- O NOVO XULGADO DE 1ª INSTANCIA Nº 14 DE A CORUÑA ubicarase no anexo do antigo edificio da Audiencia Provincial (no lugar que ocupaba o xulgado de Reforzo do Social)

 PLANTEL: 3 Xestión – 4 Tramitación – 1 Auxilio

 2.- O NOVO XULGADO DO SOCIAL Nº 4 DE SANTIAGO DE COMPOSTELA estará situado no edificio xudicial da rúa Berlín, xunto aos outros 3 Xulgados do Social.

 PLANTEL: 2 Xestión – 4 Tramitación – 2 Auxilio 

 3.- O NOVO XULGADO DO SOCIAL Nº 6 DE VIGO ubicarase, de xeito provisional, no antigo edificio do xulgado bis de preferentes, á espera de que rematen as obras da nova Cidade da Xustiza.

 PLANTEL: 2 Xestión – 4 Tramitación – 2 Auxilio

 As prazas cubriranse, provisionalmente, mediante COMISIÓN DE SERVIZOS, ata o próximo concurso de traslados, cos mesmos méritos ca nun concurso de traslados (antigüidade e idioma galego).

As prazas, que queden desocupadas pola resolución das comisión, cubriranse por substitucións, e finalmente por interinos.

Ao longo da semana que vén (comprendida entre o 15 e 19 de xullo) publicarase na intranet e na páxina Web da Conselleria de Presidencia, a resolución e o modelo para pedir as mencionadas prazas de nova creación, que será por un período de CINCO DIAS HABILES, seguintes á publicación e aconséllase adxuntar copia cotexada da titulación do Galego.

 SOLICITANTES: Todos os compañeir@s que estean en servizo activo ou facendo unha substitución poderán solicitar as comisións,.

*No caso dos compañeir@s que estean en situación de IT, a Dirección Xeral comprometeuse a estudar a posiblidade de que poidan participar, o mesmo que ocorre nos concursos de traslados.

A ENTRADA EN FUNCIONAMENTO DESTES XULGADOS DE NOVA CREACIÓN SERÁ O 30 DE SETEMBRO DE 2019

CREACION DE PRAZAS

ADXUNTAMOS AS PRAZAS PARA CREAR EN 2019 CONFORME AO ACORDO FIRMADO POR SPJ-USO DE 23-5-2019, QUE SE INDICA NO PUNTO 4 DA ORDE DO DÍA DESTA MESA SECTORIAL.

A Dirección Xeral baseándose na estatística do CGPX e órganos infradotados, e conforme o acordo 23 de mayo de 2019, NUNHA PRIMEIRA FASE VAI CREAR:

PRAZAS QUE SE CREAN OU SE RECUPERAN

1.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Fiscalía de A Coruña

2.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Fiscalía de Santiago

3.- XESTOR/A PROCESUAL- Fiscalía de Vigo

4.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Fiscalía de Santiago

5.- AUXILIO XUDICIAL- Servizo de Apoio A Coruña.

6.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Social 3 de Santiago

7.- XESTOR/A PROCESUAL- Fiscalía de A Coruña

8.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Decanato de Lugo

9.- XESTORA PROCESUAL- Instancia 6 de Santiago

10.- XESTORA PROCESUAL- Instancia 2 de Lugo

11.- XESTORA PROCESUAL- Instancia 5 de Pontevedra

12.- XESTORA PROCESUAL- Instancia 6 de Ourense

13.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Decanato de Ourense

14.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Fiscalía de Vigo

15.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Fiscalía de Vigo

16.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Arzúa

17.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Mixto 1 de Corcubión

18.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Mixto 1 Carballo

19.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Mixto 3 Ribeira

20.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Sarria

21.- AUXILIO XUDICIAL- Servizo de Apoio de Santiago

22.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Monforte 1

23.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Viveiro 2

24.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Ponteareas 1

25.- AUXILIO XUDICIAL- Servizo de Apoio de Pontevedra

26.- AUXILIO XUDICIAL- Servizo de Apoio de Vigo

27.- XESTOR/A PROCESUAL- Instancia 14 de Vigo

28.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Ponteareas 3

            Na relación anterior a petición de SPJ-USO, a Direccion Xeral modificou, a creación das prazas dos Auxilio nos “Decanatos” por “Servicio de Apoio”, ante o que consideramos unha inaceptable insuficiencia de Auxilios, para atender Videoconferencias, quendas, Xurado, etc., xa que de estar no Decanato non poderian facer estas funcions.

            A Direccion Xeral comprometese a completar a relación anterior mediante unha segunda fase e incluso unha terceira, según vaia tendo orzamento.

           Estas prazas serán efectivas nos meses de outubro ou novembro deste ano e se cubrirán polo sistema de sustitución ou, no seu caso, Comisión de Servizo, de estar xa vixente a orden nesas datas, para ser ofertadas no próximo concurso de traslado (2020).

A CONTINUACIÓN DETALLAMOS AS PRAZAS QUE SE RECUPERAN (DEIXARÍAN DE SER AMORTIZABLES DAS SECCIÓNS CIVÍS DAS AUDIENCIAS CON COMPETENCIAS EN MERCANTIL E DAS SECCIÓNS PENAIS DAS AUDIENCIAS PROVINCIAIS.

1.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 1- A Coruña (Penal) Auxilio Xudicial

2.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 2- A Coruña (Penal) Auxilio Xudicial

3.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 4- A Coruña (Civil- Mercantil) Xestión

4.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 1- Lugo (Civil- Mercantil) Xestión

5.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 2- Lugo (Penal) Auxilio Xudicial

6.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 1- Ourense (Civil- Mercantil) Xestión

7.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 2- Ourense (Penal) Auxilio

8.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 1- Pontevedra (Civil- Mercantil) Xestión

9.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 2 Pontevedra (Penal) Auxilio

10.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 4 Pontevedra (Penal) Auxilio

11.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 5 Pontevedra (Vigo) Auxilio

Comunícanos a Dirección Xeral que as prazas números 2,4,10 e 11 da anterior relación, que por atoparse vacantes na actualidade, sairan en sustitución en setembro.

Nos vindeiros días SPJ-USO trasladará, mediante escrito, a relación de prazas que considera que deben crearse na segunda ou, no seu caso, nunha terceira fase.

ORDEN DE SUSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES E DE COMISIÓNS DE SERVIZO

A Dirección Xeral infórmanos que ao largo deste ano teremos unha nova orden de sustitucións e a de Comisións de servizo.

Los comentarios están cerrados.